Sedición
From Wikipedia, the free encyclopedia
A sedición é un termo para referirse a condutas que poidan ser estimadas pola autoridade legal como motivo de insurrección en contra da orde constitucional establecida, xa sexa a exposición de discursos, o desenvolvemento de organizacións, a escritura e distribución de textos ou outras accións. A sedición con frecuencia inclúe a subversión da Constitución e a incitación ao descontento ou resistencia á autoridade legal. A sedición comprende calquera conmoción e xeralmente se presentase asistida por violencia directa en contra da lei.
Debido a que a sedición é tipicamente considerada como un acto subversivo, a posibilidade de que poida ser perseguible como un delito varía de acordo ao código legal de cada país. Onde os mencionados códigos legais teñen unha historia fácil de examinar, é posible atopar diferentes significados para o termo "sedición", cuxo significado varía en certos períodos da historia.
A diferenza entre sedición e traizón consiste primariamente nun acto final e subxectivo de violación da paz pública. A sedición non consiste enteiramente en actos que apoien a guerra en contra do goberno nin pola adhesión á oposición, brindándolles aos inimigos axuda e confort. Tampouco consiste, nin nas democracias máis representativas, en protestas pacíficas en contra do goberno, nin en asistir ao cambio de goberno por medios democráticos tal como a democracia directa ou por convención constitucional.