From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña (en catalán e oficialmente: Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya), (UVic-UCC), recoñecida pola Lei do Parlamento de Cataluña 5/1997, de 30 de maio, é unha universidade de natureza pública e de xestión privada establecida na cidade de Vic, na provincia de Barcelona, rexida pola Fundació Universitària Balmes que preside o alcalde de Vic.
Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña | |
---|---|
Tipo | universidade pública e editor de acceso aberto |
Data de fundación | 1997 |
Nº de membros | 996 (2018) |
Orzamento | 38781095 euros |
Sede | Vic |
En | Vic |
País | España |
41°56′02″N 2°14′50″L | |
Na rede | |
https://www.uvic.cat | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É unha institución dedicada á educación superior e á investigación mediante a docencia e a formación continuada, e ten os seus fundamentos no principio de autonomía universitaria, expresada na liberdade de cátedra, de investigación e de estudo. A UVic-UCC é membro da Xarxa Vives d'Universitats e ademais de en Vic, ten campus en Manresa e Granollers.
O emblema da Universidade de Vic é o A de Carlomagno, peza de ourivaría carolingia que simboliza os principios do saber e a súa expansión ilimitada. A divisa que orienta á universidade, Scientiae patriaeque impendere vitam, é un verso de Lucano que significa "Dedicar a vida ao servizo da ciencia e a comunidade".
Reitor/a | Mandato |
---|---|
Ricard Torrents i Bertrana | 1997 - 2002 |
David Serrat i Congost | 2002 - 2006 |
Assumpta Fargas i Riera | 2006 - 2010 |
Jordi Montaña i Matosas | 2010 - 2018 |
Joan Masnou Suriñach | Jul 2018 - Des 2018 |
Josep Eladi Baños | 2019 - |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.