![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/82/Soybean.USDA.jpg/640px-Soybean.USDA.jpg&w=640&q=50)
Planta oleaxinosa
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
As plantas oleaxinosas ou plantas aceiteiras son vexetais (normalmente cultivos) de cuxa sementes ou froitos pode extraerse aceite, nalgúns casos comestíbel e noutros casos de uso industrial. As oleaxinosas máis sementadas son a soia (Glycine max), o dendeceiro ou palma aceiteira (Elaeis), o cacahuete (Arachis hypogaea), o xirasol (Helianthus annuus), o millo (Zea mays) e o liño (Linum spp.). Cada planta, á su vez, pode ter outros usos económicos, coma o liño, do que se poden extraer fibras téxtiles, fariñas e sementes alimenticias, ou o millo, a soia e o cacahuete, cuxos froitos e sementes tamén se poden comer; no caso das nogueiras (Juglans spp.) pode extraerse tamén a madeira. Outras plantas oleaxinosas son o azafrán bastardo ou cártamo (Carthamus tinctorius), a colza (Brassica napus) (aceite de canola), a oliveira (Olea europaea) a nogueira (Juglans), o rícino (Ricinus communis), o sésamo (Sesamum indicum), a xoxoba (Simmondsia chinensis), o tung (Vernicia fordii), a amendoeira (Prunus dulcis), o arroz (aceite de farelo de arroz) e incluso os bagos de videira.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/82/Soybean.USDA.jpg/320px-Soybean.USDA.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c7/Malaxation.jpg/640px-Malaxation.jpg)
O aceite de soia é o de maior produción mundial, seguíndolle o aceite de palma, a colza e o xirasol.
En Galiza cultívanse dende a antigüidade distintas especies oleaxinosas como o millo, o liño ou a nogueira, aínda que ningunha delas para a produción de aceites. A oliveira cultivouse nalgunhas zonas de Galiza para obter aceite, como na Ribeira Sacra ou en Quiroga; os reis católicos impediron que o cultivo da oliveira se xeneralizase para favorecer a produción noutras zonas de España, gravando a actividade a través de altos impostos que obrigaron aos labregos a arrincar todos os pés do país e dedicarse a outros cultivos. Porén nos últimos anos está a medrar a produción de aceite de oliva en Galiza.[1]