![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e4/Vitis_vinifera_-_K%25C3%25B6hler%25E2%2580%2593s_Medizinal-Pflanzen-145.jpg/640px-Vitis_vinifera_-_K%25C3%25B6hler%25E2%2580%2593s_Medizinal-Pflanzen-145.jpg&w=640&q=50)
Vide
especie de planta / From Wikipedia, the free encyclopedia
A vide ou videira (Vitis vinifera) é unha planta rubideira, a máis coñecida do xénero Vitis, da familia das vitáceas, con tronco retorto, vástagos nodosos e flexibles, follas alternas, pecioladas, grandes e partidas en cinco lóbulos puntiagudos, flores verdosas en acios, e cuxo froito é a uva. Orixinaria de Asia, cultívase en todas as rexións temperadas. Ao conxunto de vides cultivadas nun campo denomínaselles viñedo.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
vide | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Vitis vinifera en Franz Eugen Köhler, 1897 | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Vitis vinifera vinifera L. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/Feuille_vigne.jpg/640px-Feuille_vigne.jpg)
A vide produce as uvas, froito co mollo do cal se fai o viño. Pola contra as vides salvaxes ou silvestres, non cultivadas, posúen unhas follas máis ásperas, e as uvas son pequenas e de sabor agre.
O cultivo da vide para a produción do viño é unha das actividades máis antigas da civilización, probablemente contemporánea ao comezo desta. Existe evidencia de que os primeiros cultivadores de viñas e produtores de viño, atopábanse na rexión de Exipto e Asia Menor, durante o neolítico. Ao mesmo tempo que os primeiros asentamentos humanos permanentes empezaron a dominar a arte do cultivo e a cativa de gando, así como o da produción de cerámica.