instrumento de vento From Wikipedia, the free encyclopedia
A ocarina é un pequeno instrumento de vento, feito de cerámica, sen chaves e xeralmente con oito orificios para os dedos. O timbre varía segundo o tamaño do instrumento.
Ocarina | |
---|---|
Ocarina de cerámica branca e azul | |
Información | |
Clasificación | Instrumento de vento |
Tesitura | [Depende do modelo e tamaño da ocarina] |
Instrumentos relacionados | Frautas, asubíos |
A orixe da ocarina remóntase á América Prehispánica, os quechuas e aimarás empregaban este instrumento musical, acompañados de quenas, zampoñas e outros instrumentos. A súa fabricación é difícil xa que é de greda e oca no centro, existen diferentes tamaños pero non superan o largo da man. Úsanse en Bolivia, Perú, Venezuela, norte de Chile, norte da Arxentina e toda Mesoamérica.
A ocarina actual máis común ten que ver co seu desenvolvemento en Italia, e a súa etimoloxía remite á lingua italiana, sendo ocarina = ganso pequeno, do latín auca (véxase tamén auca e oca), e derivado á súa vez da raíz protoindoeuropea *awi- (ave, ovo).[1]
A orde dos tons nunha ocarina de oito orificios é (de dereita a esquerda): 1 re, 2 mi, 3 fa, 4 sol, 9 mi, 5 la, 6 si, 7 do. Na de catro buratos é: mi, sol, la e si.
Supondo unha ocarina de 8 orificios (6 arriba e 2 abaixo) vista desde arriba, coa boquilla apuntando cara ao executante, tocaríase do seguinte xeito:
Nota | Orificios superiores | Orificios inferiores |
---|---|---|
Dó | X X X X X X | X X |
Re | X X X X X O | X X |
Mi | X X X X O O | X X |
Fa | X X X O O O | X X |
Sol | X X X O O O | X O |
La | X X O O O O | X O |
Si | X O O O O O | X O |
Dó | O O O O O O | X O |
Re | O O O O O O | O O |
onde:
A ocarina é empregada nalgunhas pezas musicais de grupos folk como Milladoiro.
En 1998 no videoxogo The Legend of Zelda: Ocarina of Time e o que lle segue The Legend of Zelda: Majora's Mask, o heroe protagonista, Link, fai uso da Ocarina do tempo, un instrumento máxico que lle outorga distintos poderes ó tocar certas melodías.
Na Dragon Ball cando Tapion usa a súa ocarina para conter o monstro que dorme no seu interior.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.