Pobo aimará

From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobo aimará

Os aimarás[5] (en aimará: aymara Ay-aymara.oga listen ) son un pobo indíxena de América do Sur que habita nos Andes e na rexión do Altiplano; arredor dun millón de aimarás viven en Bolivia, o Perú e Chile. Os seus devanceiros viviron na rexión moitos séculos antes de se converter nos principais suxeitos do Imperio Inca a finais do século XV e comezos do XVI, até a conquista española do Imperio Inca. Coas guerras de independencia hispanoamericanas (1810–25), os aimarás convertéronse en cidadáns das nacións de Bolivia e o Perú. Despois da Guerra do Pacífico (1879–83), Chile conseguiu territorios ocupados polos aimarás.[6]

Datos rápidos Poboación, Bolivia ...
Pobo aimará
Thumb
Cerimonia tradicional aimará en Bolivia.
Poboación
Poboación total:
~1 750 000
Rexións principais:
Bolivia1 462 286[1]
Perú220 380[2]
Chile114 523[3]
Arxentina20 822 (2010)[4]
España20 000[4]
Aspectos culturais
LinguaLingua aimará e castelán
RelixiónCristianismo e adoración da Pachamama
Grupos
relacionados
Pobo quechua e pobo uru
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.