From Wikipedia, the free encyclopedia
Link é un personaxe ficticio protagonista da saga de videoxogos The Legend of Zelda, de Nintendo. Creado por Shigeru Miyamoto, apareceu por primeira vez no videoxogo The Legend of Zelda (1986). Cabe destacar que ó longo da saga existen diversos heroes co nome de Link, cada un coas súas características. Segundo o que di Ganondorf en The Wind Waker, podería tratarse dun mesmo heroe que renace ó longo das eras.
Link é un mozo modesto cunha valentía lendaria, debido a que porta a Triforza do Valor. Nalgúns xogos da saga outórganselle certos títulos, como Heroe do Tempo en Ocarina of Time ou Heroe do Vento na súa encarnación de The Wind Waker.
É o portador da lendaria Espada Mestra, a cal usa para vencer ó mal. Link ten tamén momentos de valentía imprudente, como as dúas veces que intentou enfrontarse a Ganondorf en The Wind Waker e unha en Ocarina of Time, sen estar preparado aínda.
Canonicamente, Link é zurdo, aínda que isto cambiou varias veces ó longo do tempo. En A Link to the Past, Link cambia a man coa que sostén a espada dependendo do lado cara ó que estea mirando. Na versión de Wii de Twilight Princess, Link é destro, mais isto débese a que o xogo foi completamente invertido co obxectivo de acomodalo mellor ó modo de control.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.