froito seco From Wikipedia, the free encyclopedia
En botánica, unha noz considérase un froito seco indehiscente (que non abre ao madurar), monospermo (composto por unha única semente) e cun pericarpo duro. A maioría derivan de pistilos con ovario ínfero (situado por baixo do receptáculo floral) cuxa parede está endurecida.[1]
Atópanse exemplos de noces na orde das Fagales, por exemplo:
Contrariamente ao que poida parecer, o froito da nogueira non se considera botanicamente unha noz, senón unha drupa xa que só ten endurecido o endocarpio e o seu mesocarpio é carnoso.
En gastronomía, as noces son unha categoría moito menos restritiva que na botánica, pois o vocábulo aplícase normalmente a moitas sementes que non son noces verdadeiras. Calquera semente grande, oleaxinosa, con casca dura e empregada como alimento pode ser considerada como unha noz. Como as noces teñen xeral un índice elevado de aceite son un alimento e unha fonte de enerxía moi apreciada.[2] Un gran número sementes son comestíbeis polos seres humanos e empregadas na cociña, comidas crúas, xerminadas ou torradas, como un aperitivo ou en pastelaría, e mesmo espremidas para extraerlles o aceite, empregado en cociña e cosméticos[3].
Os froitos de casca rexa de clima temperado proveñen de árbores da orde Fagales, xeralmente polinizadas polo vento:
Algunhas noces que non o son verdadeiramente no sentido botánico son:
A castaña de Indias (Aesculus hippocastanum), alén de comestíbel, é tamén usada nun antigo xogo de nenos, no que unha noz é enfiada nun cabo forte e entón cada neno tenta quebrar a do seu opoñente baténdolle coa súa.
As noces, a pesar do sabor agradábel, por moito tempo foran consideradas inconvenientes para alimentación humana por seren ricas en graxa. Con todo, algunhas desas oleaxinosas, achegan un gran beneficio para a saúde pois axudan a controlar o colesterol malo e por consecuencia axudan a protexer o corazón.[7]
froito | Graxa g / 100 g | Valor calórico kJ / 100 g | Valor calórico en kcal / 100 g[8][9] |
---|---|---|---|
Castaña de caju [10] | 42,2 | 2377 | 572 |
Amendoín (non torrado) | 48,1 | 2337 | 564 |
Amendoín (sen sal, torrado) | 49,4 | 2423 | 585 |
Abelá (sen tegumento) | 61,6 | 2662 | 644 |
Coco | 36,5 | 1498 | 363 |
Macadamia | 73,0 | 2896 | 703 |
Améndoa (sen tegumento) | 54,1 | 2411 | 583 |
Castaña do Pará [11] | 66,8 | 2764 | 670 |
Noz de pecán [12] | 72,0 | 2897 | 703 |
Pistacho [13] (sen tegumento) | 51,6 | 2406 | 581 |
Noz (sen tegumento) | 62,5 | 2738 | 663 |
Cada 100 gramas de noz contén:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.