From Wikipedia, the free encyclopedia
Nori (do xaponés: 海苔, nori; en chinés: 海苔, hǎidài; en coreano 김, kim ou gim), é unha especie de folla feita a partir de algas mariñas do xénero Porphyra (Toucas), amplamente utilizada en pratos da cociña xaponesa[1][2]. É xeralmente de cor verdosa ou avermellada, dependendo da especie de alga empregada na fabricación. No Xapón adoita ser de cor verde.
A palabra xaponesa nori na súa orixe quería dicir alga. Pero co tempo pasou a designar o produto comestible elaborado con ela. É unha das tres algas máis consumidas como alimento no mundo, xunto coa kombu e a wakame.[3].
Unha das descricións máis antigas do nori aparece no código Taihō, no século VIII. No século X é citada como comida común, no anónimo Utsubo Monogatari (Conto da árbore oca). Neses tempos tomábase en forma de pasta, as follas foron inventadas en Edo (actual Toquio) no período Edo (séculos XVIII a XIX), seguindo o método xaponés de facer papel.
En Occidente comezou o seu consumo no século XX a través dos restaurantes asiáticos, e recibiu un impulso co espallamento mundial da dieta macrobiótica.
No Xapón cultívanse as algas Porphyra para nori desde o século XV, e actualmente a práctica totalidade da produción procede de cultivos mariños. Malia teren unha bioloxía complexa, o ciclo de vida destas algas é actualmente coñecido por completo[4][5], e o seu cultivo é unha forma avanzada de agricultura. Adícanse a esta actividade unhas 35.000 persoas, principalmente pequenas familias cooperativistas[5].
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 146 kJ (35 kcal) |
5.11 g | |
Fibra alimentaria | 0.3 g |
0.28 g | |
5.81 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 33% 260 μg |
Tiamina (B1) | 9% 0.098 mg |
Riboflavina (B2) | 37% 0.446 mg |
Niacina (B3) | 10% 1.470 mg |
Ácido fólico (B9) | 37% 146 μg |
Vitamina B12 | 0% 0.0 μg |
Vitamina C | 47% 39.0 mg |
Vitamina D | 0% 0 μg |
Vitamina E | 7% 1.00 mg |
Vitamina K | 4% 4.0 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 7% 70 mg |
Ferro | 14% 1.80 mg |
Magnesio | 1% 2 mg |
Fósforo | 8% 58 mg |
Potasio | 8% 356 mg |
Sodio | 3% 48 mg |
Cinc | 11% 1.05 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 85.03 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Úsase como ingrediente ou compaña dos pratos onigiri e suxi, moi populares no país nipón. As láminas de nori son usadas para enrolar arroz e verduras e preparar así os rolos maki (maki sushi). Úsase tamén esfarelado, ou cortado en pequenas tiras para mesturar ou empoar por encima da comida.
É un dos regalos preferidos no aninovo, acadando nesas datas o nº 1 de vendas dos principais supermercados de Toquio.[3]
Observouse que os xaponeses poden dixerir os polisacáridos das algas, algo non normal nos humanos, debido á súa longa historia de consumo de Nori.[6]
O Nori é rico en proteínas, calcio, ferro, vitaminas A, B e C.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.