From Wikipedia, the free encyclopedia
Nicrophorus[2] é un xénero de escaravellos, xeralmente chamados escaravellos enterradores, que son os membros máis coñecidos da familia Silphidae. A maioría deles son negros con marcas vermellas nos élitros (ás anteriores duras). Son carnívoros. Enterran as carcasas de pequenos vertebrados como aves e roedores como fonte da laimento para as súas larvas. Unha característica pouco común nos insectos que presentan é que tanto o macho coma a femia procuran coidados biparentais ás larvas.
Nicrophorus Rango fósil: Cenomaniano-Recente | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O escaravello enterrador americano Nicrophorus americanus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||
Silpha vespillo Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||||||||||
Lista
|
O nome do xénero ás veces aparece escrito Necrophorus en textos antigos. Isto foi debido a unha emenda inxustificada de Carl Peter Thunberg (1789) do nome orixinal de Fabricius e non é válida baixo a nomenclatura do ICZN.
Teñen antenas grandes con forma de maza equipadas con quimiorreceptores capaces de detectar un animal morto a longa distancia. Despois de encontrar unha carcasa (xeralmente un paxaro ou rato), os escaravellos loitan entre eles (machos contra machos e femias contra femias) ata que queda o par vencedor, que xeralmente son os máis grandes. Se un escaravello enterrador solitario encontra unha carcasa, pode continuar só e esperar por unha parella. Os machos solteiros atraen unha parella liberando unha feromona desde o extremo do abdome. As femias poden criar os fillos soas, fertilizando os ovos que poñen con esperma que teñen almacenado no seu corpo de previas copulacións. A carcasa debe ser enterrada polos escaravellos para retirala da vista de posibles competidores, que son numerosos.
Os futuros pais empezan a escavar un burato baixo a carcasa. Mentres o fan, e despois de quitar todo o pelo da carcasa, os escaravellos cobren o animal con secrecións antibacterianas e antifúnxicas orais e anais, o que fará máis lenta a descomposición da carcasa e impedirá que se desprendan cheiros a carne podre que atraian aos competidores. Forman unha bóla coa carcasa e os pelos ou plumas son retiradas e utilizados para forrar e reforzar a cripta, na cal permanecerá a carcasa ata que a carne sexa completamente consumida. O proceso de enterramento pode tardar 8 horas. Varios parellas de escaravellos poden cooperar para enterrar carcasas grandes e despois criaren os fillos comunalmente.
A femia pon os ovos no chan arredor da cripta. As larvas fan eclosión poucos días despois e móvense a un pozo que comunica coa carcase que crearon os pais. Aínda que as larvas poden alimentarse por si mesmas, ambos os pais tamén as alimentan en resposta ás súas peticións:[3] dixiren a carne e regurxitan comida líquida para que as larvas se alimenten, unha forma de aprovisionamento progresivo. Isto probablemente acelera o desenvolvemento larvario. Tamén se pensa que ambos os pais poden producir secrecións en glándulas da cabeza que teñen actividade antimicrobiana, inhibindo o crecemento de bacterias e fungos no cadáver do vertebrado.[4]
Nun estadio inicial, os pais poden sacrificar parte dos fillos. Estas funcións infanticidas axustan o número de larvas co tamaño da carcasa para que haxa comida dabondo para crialas. Se hai demasiadas larvas, poderían estar desnutridas todas e desenvolverse menos rapidamente, reducindo as súas posibilidades de sobrevivir ata a idade adulta. Se hai demasiados poucos fillos, os escaravellos adultos resultantes serán grandes pero os pais poderían ter producido máis. Os pais con maior éxito son os que conseguen ter un bo equilibrio entre o tamaño corporal da proxenie e o número producido. Este é un método pouco frecuente de regular o tamaño da proxenie que podería ser o resultado de que os ovos se poñan antes de que a femia puidese estimar o tamaño da carcasa e así saber cantas larvas se poden criar con ela.
Os escaravellos adultos continúan protexendo as larvas, que tardan varios días en madurar. Hai moitos competidores que fan esta tarefa máis difícil, por exemplo as moscas Calliphoridae e as formigas ou outros escaravellos enterradores da súa propia especie ou doutra. As larvas que chegan ao estadio final migran ao solo e pupan, transformándose desde pequenas larvas brancas a escaravellos adultos completamente formados.
Ademais das especies eusociais como as formigas e abellas, os coidados parentais son bastante raros entre os insectos, e os esczravellos enterradores son excepciósn salientables.
En 2006 había unhas 60 especies válidas no xénero Nicrophorus, aínda que unhas poucas especies non descritas e sinónimas necesitan unha maior elaboración.
Pearson informou en 1962 dun fósil de N. humator datado arredor de hai 10.500 anos.[6] Un membro extinto non nomeado do xénero atopouse en estratos do Cretáceo tardío do Cenomaniano en ámbar birmano de Myanmar, de hai uns 99 millóns de anos.[7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.