![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2a/Human_development_neoteny_body_and_head_proportions_pedomorphy_maturation_aging_growth.png/640px-Human_development_neoteny_body_and_head_proportions_pedomorphy_maturation_aging_growth.png&w=640&q=50)
Neotenia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A neotenia (tamén chamada xuvenilización)[1] é o atraso ou enlentecemento do desenvolvemento fisiolóxico (ou somático) dun organismo, tipicamente un animal. A neotenia encóntrase tamén nos humanos modernos.[2] Na proxénese, tamén chamada pedoxénese (termo tamén usado para a formación do solo), o desenvolvemento sexual está acelerado.[3]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2a/Human_development_neoteny_body_and_head_proportions_pedomorphy_maturation_aging_growth.png/320px-Human_development_neoteny_body_and_head_proportions_pedomorphy_maturation_aging_growth.png)
Tanto a neotenia coma a proxénese teñen como resultado o pedomorfismo (ou pedomorfose), un tipo de heterocronía.[4] Algúns autores definen o pedomorfismo como a retención de características larvarias, como se observa nas píntegas.[5][6][7]
Tanto a neotenia coma a proxénese causan a retenciaón nos adultos de características que previamente só aparecían nos individuos novos. Dita retención é importante en bioloxía evolutiva, domesticación e bioloxía evolutiva do desenvolvemento.