Bioloxía evolutiva
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bioloxía evolutiva é o campo da bioloxía que estuda a orixe e a descendencia das especies, ben como as súas mudanzas ao longo do tempo, ou sexa, a súa evolución. Os estudosos da bioloxía evolutiva coñécense como biólogos evolutivos ou evolucionistas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
Este campo da bioloxía pode ser referido como un meta campo, pois abrangue a científicos de varias disciplinas tradicionais, taxonomicamente orientadas. A bioloxía evolutiva xeralmente abarca científicos de áreas especializadas en determinadas categorías de organismos, como mastozooloxía, ornitoloxía ou herpetoloxía, mais que utilizan eses organismos como sistemas para responder cuestións xerais da evolución. Xeralmente, tamén inclúe paleontólogos, que usan fósiles para responder cuestións relacionadas co modo e o tempo da evolución, así como teóricos en áreas como a xenética de poboacións e teoría evolutiva. Na década de 1990 a bioloxía do desenvolvemento xuntouse coa bioloxía evolutiva a través do estudo da bioloxía do desenvolvemento evolutivo.