From Wikipedia, the free encyclopedia
Os musofáxidos (Musophagidae), que significa literalmente 'comedores de plátanos', a maioría xeralmente chamados turacos, son unha familia de aves. Son aves semicigodáctilas, xa que poden mover a súa cuarta deda (a externa) adiante e atrás. A segunda e terceira dedas, que sempre apuntan cara a adiante, están unidas entre si nalgunhas especies. Os musofáxidos a miúdo teñen cristas prominentes na cabeza e colas longas; os turacos son notables polos seus peculiares e exclusivos pigmentos que lles dan brillantes cores verdes e vermellas ás súas plumas.
Musophagidae Rango fósil: Oligoceno - Holoceno, (24-0 Ma) | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tauraco persa | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
| |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
Tradicionalmente, este grupo foi asociado cos cucos na orde Cuculiformes, pero a taxonomía de Sibley-Ahlquist elevou este grupo a unha orde propia chamada Musophagiformes. Foron propostos como ligazóns entre o hoatzín e as outras ordes de aves,[1] pero isto foi posteriormente discutido.[2] Análises xenéticas recentes apoian fortemente darlle categoría de orde a Musophagiformes.[3][4][5]
Os musofáxidos son paxaros arbóreos de mediano tamaño endémicos da África subsahariana, onde viven en bosques e sabanas. O seu voo é débil, pero poden desprazarse rapidamente polo dosel arbóreo. Aliméntanse principalmente de froitas e en menor medida de follas, gromos e flores, ocasionalmente comen insectos, caracois e lesmas. Como suxire o seu nome, encántanlles os plátanos e poden ser domesticados como para podelos alimentar á man. Tamén comen uvas e papaia.
Son aves gregarias que non migran senón que se moven en grupos familiares de ata 10 individuos. Moitas especies de musofáxidos son ruidosas, e algunhas son coñecidas polas súas penetrantes chamadas de alarma, que alertan á demais fauna da presenza dun predador ou cazador. Os musofáxidos constrúen grandes niños de paus nas árbores, e poñen 2 ou 3 ovos. Os xoves nacen cunha grosa capa de penuxe e cos ollos abertos ou case abertos.[6]
A maioría dos turacos son aves de medio tamaño (unha excepción é o Corythaeola cristata) de longas colas e ás curtas e arredondadas. A súa lonxitude vai de 40 a 75 cm. O seu voo é débil, pero son grandes trepadores e poden moverse axilmente nas ramas e a través da vexetación. Os xuvenís teñen garras nas ás que lles axudan a gabear.[7][8][9] O seu pé é peculiar, xa que a cuarta deda pode ser movida cara a parte de atrás do pé ata case tocar a primeira deda, ou movida para achegala ás segunda e terceira dedas. Malia esta flexibilidade normalmente colocan a deda en ángulo recto con respecto ao eixe do pé.[10]
A plumaxe dalgúns grupos de musofáxidos é principalmente gris e branca. Pero os turacos máis típicos teñen rechamantes cores, xeralemnte azuis, verdes ou púrpuras. A cor verde dos turacos procede da turacoverdina que posúen, que é o único pigmento realmente verde coñecido nas aves. Outras cores "verdes" das aves son en realidade unha combinación de pigmento amarelo e certos carotenoides, xunto coa estrutura física prismática da propia pluma, que dispersa a luz dun modo especial e lles dá un ton azul. As ás dos turacos conteñen o pigmento vermello turacina, a diferenza doutras aves nas cales a cor vermella se debe a carotenoides. Ambos os pigmentos derivan de porfirinas e só se coñecen polo momento nos Musophagidae, pero é probable que a pouco estudada turacoverdina teña derivados noutras aves. A incidencia da turacoverdina para a vida do animal segundo os hábitats é de grande interese para os científicos, xa que está presente nas especies de turacos de bosque pero ausente en especies que viven na sabana e nas acacias.[10]
Sábese pouco da lonxevidade dos turacos na natureza, mais en catividade teñen unha vida excepcionalmente longa, de ata 30 anos. Unha destas aves da colección do Cotswold Wildlife Park (Reino Unido) chegou a case 37 anos.[11]
O xénero fósil Veflintornis atopouse en estratos do Mioceno medio de Grive-Saint-Alban (Francia). Foi nomeado como Apopempsis por Pierce Brodkorb en 1971, pero este nome xa se utilizaba para uns escaravellos desde 1903. "Apopempsis" africanus (do Mioceno inicial de Kenya) podería pertencer tamén a este xénero.[12]
Outro material fósil de posibles musofáxidos de Exipto e tamén de depósitos do Oligoceno tardío de Gaimersheim (Alemaña) e do Mioceno medio de Grive-Saint-Alban[13] e Vieux-Collonges (de Francia ambos).[12] Aínda que non é completamente seguro que estes fósiles sexan realmente turacos, parece que a familia evolucionou no Oligoceno de Europa central ou quizais no norte de África, e posterioremnte cambiaron a súa distribución máis ao sur. O clima desas rexións europeas durante o Paleoxeno tardío non era moi distinto ao da África tropical actual; o deserto do Sáhara aínda non se formara e a distancia a través do Mediterráneo non era moito maior que a de hoxe. Xa que logo, este movemento cara ao sur debeu de ser moi lento e gradual nunha área de distribución moi grande e continua.
O fósil Promusophaga do Eoceno temperán críase inicialmente que era o fósil máis antigo de turaco; finalmente isto foi reconsiderado e hoxe pénsase que é un parente da avestruz e encádrase na familia de ratites Lithornithidae. Filholornis do Eoceno tardío ou Oligoceno temperán é considerado algunhas veces un musofáxido, pero as súas relacións sempre foron moi discutidas. Xeralmente xa non se considera un turaco nas obras máis recentes e algúns considérano un sinónimo do presunto gruiforme Talantatos, aínda que non é seguro que isto sexa amplamente aceptado.[12]
A seguinte filoxenia baséase nos traballos de John Boyd.[14]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As especies de Musophagidae, en secuencia taxonómica, son:[15][16][17]
Orde Musophagiformes Seebohm 1890
As brillantes plumas carmesís dos turacos estaban moi cotizadas como símbolos de status da realeza e xefes de toda África, como, por exemplo, nas familias reais swazi e zulú.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.