Museo Nacional de Toquio
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo Nacional de Toquio foi fundado en 1872. É o museo máis antigo e máis grande do Xapón. Está localizado no Parque Ueno, en Toquio.
東京国立博物館 | |
---|---|
Museo Nacional de Toquio, edificio Honkan. | |
Coordenadas | 35°43′08″N 139°46′33″O |
País | Xapón |
Cidade | Toquio |
Tipo | Museo de arte |
Director | Taitō (Toquio) |
Inauguración | 1872 |
Visitantes | 1,4 millóns (2013)[1] |
Na rede | |
https://www.tnm.jp/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O museo alberga unha extensa colección de obxectos de valor arqueolóxico e artístico de varias eras do Xapón e outros países asiáticos. Os máis de 110 mil obxectos, inclúen 87 pertencentes ao Tesouro Nacional Xaponés, e 610 clasificados como Propiedade Cultural de Importancia. O museo realiza investigacións arqueolóxicas e antropolóxicas, así como difunde a cultura a través de eventos educativos relacionados á súa colección.
O museo está aloxado nun conxunto de edificios separados entre si. A Galería Honkan (本館), a Galería Asiática (東洋館), Hyokeikan (表慶館), Heiseikan (平成館), a Galería de Tesouros Horyuji (法隆寺宝物館), o Centro de Investigación e Información (資料館) e outras instalacións maiormente de servizos. Existen varios restaurantes e dúas tendas.
A información no museo está dispoñible en xaponés, inglés, coreano, chinés, francés e alemán.
O Museo Nacional de Toquio foi o primeiro museo a ser inaugurado no país. A inauguración tivo lugar en 1872 en Taisenden, e foi chamado entón o Museo Imperial. Pouco despois da súa apertura ao público, o museo mudouse a Uchiyamashita-cho (actualmente Uchisaiwai-cho), e en 1882 mudouse novamente ao seu local actual, no parque Ueno. Durante o século XX, o museo sufriu algúns trastornos, como o gran terremoto de Kantō de 1923, e a segunda guerra mundial, durante a cal permaneceu pechado.
A Galería Honkan ten 24 salas de exhibición en dous pisos, as cales, de forma cronolóxica, mostran a arte xaponesa desde as figuras de arxila do período Jomon (10 000 a. C.) ata o gravado en madeira do século XIX.
A Galería Toyokan ten dez salas de exhibición en cinco pisos, cunha excelente colección de obxectos artísticos e arqueolóxicos de varios países asiáticos. O museo alberga á maior e máis significativa colección de arte coreano, legado da época en que Corea era colonia xaponesa. Outros países de Asia nesta galería son China, India, e o sueste asiático. Aínda que non é de Asia, tamén Exipto está comprendido nesta galería. O edificio que alberga á galería Toyokan foi construído en 1968, deseñado por Taniguchi Yoshio. No primeiro piso, hai un restaurante, e unha tenda no vestíbulo.
Hyokeikan foi inaugurado en 1909, para conmemorar o matrimonio do príncipe herdeiro (posteriormente Emperador Taishō). Este edificio foi designado posteriormente como Propiedade Cultural de Importancia, e é aberto unicamente en ocasións especiais e exposicións temporais.
Heiseikan foi inaugurado en 1999, e é utilizado principalmente para exposicións temporais. Ademais, contén no primeiro piso á Galería Arqueolóxica Xaponesa, con artefactos que datan de 10.000 a. C. a 7.000 a. C.
Esta galería contén os obxectos recuperados durante a restauración Meiji, cando as terras do templo Horyu-ji, en Nara, foron tomadas pola familia imperial en 1878.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.