especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A muruxa[1] (Stellaria media) é unha planta da familia das Caryophyllaceae. É unha planta invasora pero fácil de eliminar ao labrar. É sensible aos herbicidas en xeral, pese a que as sementes aseguran unha nova reinfestación. Esta herba non soporta a seca nin a calor forte do verán. Normalmente aparece desde o outono á primavera. Nas zonas de montaña era importante na primavera, xa que a pesar do seu valor pouco alimentario, agromaba antes ca outras herbas.
Muruxa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Stellaria media' (L.) Vill. |
A súa xerminación prodúcese polo outono ou a finais do inverno e medra formando grandes matos que poden chegar a medir 30 cm, xeralmente de porte rastreiro xa que a pouca firmeza dos seus talos impídelle manterse ergueita.
As follas son ovais, en forma de punta e opostas.
Conta con pequenas flores brancas (uns 4 mm.), cáliz de cinco sépalos libres, cinco pétalos moi divididos, de tres a cinco estames con anteras purpúreas e pistilo con tres estilos, xorden na zona apical sobre delgados pedúnculos.
Atópase abundantemente en bouzas e terras húmidas e sombrizas e tamén en poulas, así coma á beira das casas abeiradas polos muros.
Tanto en Europa como en América do Norte considérase unha planta invasiva de xardíns, veigas e pasteiros, difícil de controlar por mor á súa masiva xerminación.
A marcada división dos pétalos dá a estas floriñas o aspecto de estrelas, o que deu o nome ao xénero stellaria, do latín stella.
Recibe en galego tamén os nomes comúns de herba paxareira e maruxa (moruxa)[1].
Stellaria media foi descrita por (L.) Vill. e publicado en Histoire des Plantes de Dauphiné 3(1): 615. 1789[2]
Número de cromosomas de Stellaria media (Fam. Caryophyllaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=40, 44[3]
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.