evento futbolístico internacional cuatrianual From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mundial de Fútbol de 1934 (en italiano: Campionato Mondiale di Calcio 1934) foi a segunda edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Italia entre o 27 de maio e o 10 de xuño de 1934. Para este torneo trinta e catro asociacións solicitaron participar, polo que esta vez realizáronse eliminatorias preliminares para determinar as dezaseis seleccións participantes.[1] Só participaron catro equipos non europeos: a Arxentina, o Brasil, Estados Unidos e Exipto, que foi a primeira selección africana en participar do certame.
Nome na lingua orixinal | (it) Campionato Mondiale di Calcio 1934 |
---|---|
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
Organizador | FIFA |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estádio Giuseppe Grezar (pt) (Trieste) Estadio Giuseppe Meazza (Milán) Estádio Olímpico de Turim (pt) (Turín) Estadio Renato Dall'Ara (Boloña) Estadio Luigi Ferraris (Xénova) Estádio Artemio Franchi (pt) (Florencia) Estádio Nacional do PNF (pt) (Roma) Estádio Giorgio Ascarelli (pt) (Nápoles) |
País | Italia |
Intervalo de tempo | 27 de maio de 1934 – 10 de xuño de 1934 |
Número de edición | 2 (1934) |
Competición | |
Primeiro posto | Italia |
Datos estatísticos | |
Partidos | 17 |
Goles | 70 |
Máis goles marcados | Oldřich Nejedlý↔ Checoslovaquia (5) |
Número de espectadores | 358.000 |
O campión foi Italia que se impuxo a Checoslovaquia na final por 2 a 1. Como protesta ao boicot do torneo anterior, Uruguai negouse a participar e converteuse no único equipo campión que non defendeu o seu título. Nesta edición o torneo sufriría un cambio de formato, substituíuse a fase de grupos por dúas fases de eliminación directa. Os partidos definiríanse en 90 minutos, cunha prórroga en caso de empate. Se o partido continuaba empatado logo dos 120 minutos, xogábase un partido desquite en lugar dunha rolda de penaltis. O torneo foi utilizado por Benito Mussolini como propaganda fascista,[2] do mesmo xeito que o faría Adolf Hitler cos Xogos Olímpicos de 1936.[3]
Tralo retiro das candidaturas para a realización do torneo de 1930 e o boicot realizado polos países europeos a este mesmo evento, Italia abocouse á obtención da sede da II Copa Mundial. Benito Mussolini encargouse persoalmente de que Italia fose elixida sede. Suecia retirou misteriosamente a súa candidatura en 1932 polo que o reino itálico obtivo a organización do torneo unanimemente. Un total de 34 países solicitaron a súa participación ao evento, polo que debeu realizarse a primeira eliminatoria de clasificación.
Con todo, como forma de protesta polo boicot liderado por case todos os países europeos en 1930, o Uruguai renunciou a participar. A Arxentina, do mesmo xeito que o Brasil, fixo o mesmo. Non querían participar nas eliminatorias e igual xogar o Mundial. A Arxentina debeu xogar a eliminación con Chile, e o Brasil co Perú. Estes partidos nunca se xogaron pois as dúas seleccións importantes negáronse. Finalmente a FIFA decidiu que Chile e Perú abandonaran xa que non presentaran equipo. Aínda que foi todo o contrario, Chile e Perú estaban listos para xogar. Mais a presión dos grandes foi maior.
O número de seguidores que chegaron de todo o mundo para ver esta Copa do Mundo foi superior ao da anterior edición, incluíndo 7.000 procedentes dos Países Baixos e 10.000 tanto de Austria como de Suíza.[4]
Milán | Boloña | ||
---|---|---|---|
Stadio San Siro | Stadio Littoriale | ||
Capacidade: 55.000 | Capacidade: 50.100 | ||
Roma | Florencia | ||
Stadio Nazionale PNF | Stadio Giovanni Berta | ||
Capacidade: 47.300 | Capacidade: 47.290 | ||
Nápoles | Xénova | Turín | Trieste |
Stadio Giorgio Ascarelli | Stadio Luigi Ferraris | Stadio Benito Mussolini | Stadio Littorio |
Capacidade: 40.000 | Capacidade: 36.703 | Capacidade: 28.140 | Capacidade: 8.000 |
Nesta edición da Copa do Mundo participaron 16 países, 10 dos cales participaban no campionato por primeira vez: 9 dos 12 equipos europeos (Alemaña, Austria, Checoslovaquia, España, Hungría, Italia, os Países Baixos, Suecia, e Suíza) e Exipto. Este último foi o primeiro equipo do continente africano en disputar a competición. Con todo, non volverían a disputar outra até a seguinte vez que o torneo volveu a Italia: 1990.
Por primeira vez na historia da Copa Mundial de Fútbol, o torneo desenvolveuse por completo nun sistema de partidos eliminatorios simples e non cunha primeira rolda de grupos. Este sistema soamente foi utilizado neste evento e no seguinte.
Oitavos de final | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||
Roma, 27 de maio | ||||||||||||||
Italia | 7 | |||||||||||||
Florencia, 31 de maio (1 de x.) | ||||||||||||||
Estados Unidos | 1 | |||||||||||||
Italia | 0(1) | |||||||||||||
Xénova, 27 de maio | ||||||||||||||
España | 0(0) | |||||||||||||
España | 3 | |||||||||||||
Milán, 3 de xuño | ||||||||||||||
Brasil | 1 | |||||||||||||
Italia | 1 | |||||||||||||
Turín, 27 de maio | ||||||||||||||
Austria | 0 | |||||||||||||
Austria | 3 | |||||||||||||
Boloña, 31 de maio | ||||||||||||||
Francia | 2 | |||||||||||||
Austria | 2 | |||||||||||||
Nápoles, 27 de maio | ||||||||||||||
Hungría | 1 | |||||||||||||
Hungría | 4 | |||||||||||||
Roma, 10 de xuño | ||||||||||||||
Exipto | 2 | |||||||||||||
Italia | 2 | |||||||||||||
Trieste, 27 de maio | ||||||||||||||
Checoslovaquia | 1 | |||||||||||||
Checoslovaquia | 2 | |||||||||||||
Turín, 31 de maio | ||||||||||||||
Romanía | 1 | |||||||||||||
Checoslovaquia | 3 | |||||||||||||
Milán, 27 de maio | ||||||||||||||
Suíza | 2 | |||||||||||||
Países Baixos | 2 | |||||||||||||
Roma, 3 de xuño | ||||||||||||||
Suíza | 3 | |||||||||||||
Checoslovaquia | 3 | |||||||||||||
Florencia, 27 de maio | ||||||||||||||
Alemaña | 1 | Terceiro posto | ||||||||||||
Alemaña | 5 | |||||||||||||
Turín, 31 de maio | Nápoles, 7 de xuño | |||||||||||||
Bélxica | 2 | |||||||||||||
Alemaña | 2 | Alemaña | 3 | |||||||||||
Boloña, 27 de maio | ||||||||||||||
Suecia | 1 | Austria | 2 | |||||||||||
Suecia | 3 | |||||||||||||
Arxentina | 2 | |||||||||||||
Italia | 7 - 1 | Estados Unidos | 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Nazionale del PNF, Roma Asistencia: 25.000 Árbitro: René Mercet (Suíza) |
Schiavio 18' 29' 64' Orsi 20' 69' Ferrari 63' Meazza 90' |
Informe |
Donelli 57' | |
España | 3 - 1 | Brasil | 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Luigi Ferraris, Xénova Asistencia: 21.000 Árbitro: Alfred Birlem (Alemaña) |
Iraragorri 18' (pen.), 25' Lángara 29' |
Informe |
Leônidas 55' | |
Austria | 3 - 2 | Francia | 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Benito Mussolini, Turín Asistencia: 16.000 Árbitro: Johannes van Moorsel (Países Baixos) |
Sindelar 44' Schall 93' Bican 109' |
Informe |
Nicolas 18' Verriest 116' (pen.) | |
Hungría | 4 - 2 | Exipto | 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Giorgio Ascarelli, Nápoles Asistencia: 9.000 Árbitro: Rinaldo Barlassina (Italia) |
Teleki 11' Toldi 31' 61' Vincze 53' |
Informe |
Fawzi 35' 39' | |
Checoslovaquia | 2 - 1 | Romanía | 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Littorio, Trieste Asistencia: 9.000 Árbitro: Jan Langenus (Bélxica) |
Puč 50' Nejedlý 67' |
Informe |
Dobay 11' | |
Suíza | 3 - 2 | Países Baixos | 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio San Siro, Milán Asistencia: 33.000 Árbitro: Ivan Eklind (Suecia) |
Kielholz 7' 43' Abegglen 66' |
Informe |
Smit 29' Vente 69' | |
Alemaña | 5 - 2 | Bélxica | 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Giovanni Berta, Florencia Asistencia: 8.000 Árbitro: Francesco Mattea (Italia) |
Kobierski 25' Siffling 49' Conen 66' 70' 87' |
Informe |
Voorhoof 29' 43' | |
Suecia | 3 - 2 | Arxentina | 27 de maio de 1934, 16:00 – Stadio Littoriale, Boloña Asistencia: 14.000 Árbitro: Eugen Braun (Austria) |
Joansson 9' 67' Kroon 79' |
Informe |
Belis 4' Galateo 48' | |
Italia | 1 - 1 | España | 31 de maio de 1934, 16:30 – Stadio Giovanni Berta, Florencia Asistencia: 35.000 Árbitro: Luis Baert (Bélxica) |
Ferrari 44' | Informe |
Regueiro 30' | |
Austria | 2 - 1 | Hungría | 31 de maio de 1934, 16:30 – Stadio Littoriale, Boloña Asistencia: 23.000 Árbitro: Francesco Mattea (Italia) |
Horvath 8' Zischek 51' |
Informe |
Sárosi 60' (pen.) | |
Checoslovaquia | 3 - 2 | Suíza | 31 de maio de 1934, 16:30 – Stadio Benito Mussolini, Turín Asistencia: 12.000 Árbitro: Alois Beranek (Austria) |
Svoboda 24' Sobotka 49' Nejedlý 82' |
Informe |
Kielholz 18' Jäggi 78' | |
Alemaña | 2 - 1 | Suecia | 31 de maio de 1934 – Stadio San Siro, Milán Asistencia: 3.000 Árbitro: Rinaldo Barlassina (Italia) |
Hohmann 60' 63' | Informe |
Dunker 82' | |
Italia | 1 - 0 | España | 1 de xuño de 1934, 16:30 – Stadio Giovanni Berta, Florencia Asistencia: 43.000 Árbitro: René Mercet (Suíza) |
Meazza 11' | Informe |
||
Italia | 1 - 0 | Austria | 3 de xuño de 1934, 16:30 – Stadio San Siro, Milán Asistencia: 35.000 Árbitro: Ivan Eklind (Suecia) |
Guaita 19' | Informe |
||
Checoslovaquia | 3 - 1 | Alemaña | 3 de xuño de 1934, 16:30 – Stadio Nazionale del PNF, Roma Asistencia: 15.000 Árbitro: Rinaldo Barlassina (Italia) |
Nejedlý 21' 69' 80' | Informe |
Noack 62' | |
Alemaña | 3 - 2 | Austria | 7 de xuño de 1934, 18:00 – Stadio Giorgio Ascarelli, Nápoles Asistencia: 7.000 Árbitro: Albino Carraro (Italia) |
Lehner 1' 42' Conen 27' |
Informe |
Horvath 28' Sesta 54' | |
Italia | 2 - 1 | Checoslovaquia | 10 de xuño de 1934, 17:00 – Stadio Nazionale del PNF, Roma Asistencia: 55.000 Árbitro: Ivan Eklind (Suecia) |
Orsi 81' Schiavio 95' |
Informe |
Puč 71' | |
Campión do Mundo |
---|
Italia Primeiro título |
Con cinco goles, Oldřich Nejedlý foi o máximo goleador do torneo. En total, anotáronse 70 goles por parte de 45 xogadores, ningún dos cales foi en propia meta.
|
|
|
|
En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo.[5] A clasificación de 1934 foi a seguinte:
P | Selección | X | V | E | D | GF | GC | DF | Pts. | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Italia | 4 | 3 | 1 | 0 | 11 | 3 | +8 | 7 | |
2 | Checoslovaquia | 4 | 3 | 0 | 1 | 9 | 6 | +3 | 6 | |
3 | Alemaña | 4 | 3 | 0 | 1 | 11 | 8 | +3 | 6 | |
4 | Austria | 4 | 2 | 0 | 2 | 7 | 7 | 0 | 4 | |
Eliminados en cuartos de final | ||||||||||
5 | España | 2 | 1 | 1 | 0 | 4 | 2 | +2 | 3 | |
6 | Hungría | 2 | 1 | 0 | 1 | 5 | 4 | +1 | 2 | |
7 | Suíza | 2 | 1 | 0 | 1 | 5 | 5 | 0 | 2 | |
8 | Suecia | 2 | 1 | 0 | 1 | 4 | 4 | 0 | 2 | |
Eliminados en oitavos de final | ||||||||||
9 | Arxentina | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 3 | −1 | 0 | |
Francia | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 3 | −1 | 0 | ||
Países Baixos | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 3 | −1 | 0 | ||
12 | Romanía | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 2 | −1 | 0 | |
13 | Exipto | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 4 | −2 | 0 | |
14 | Brasil | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 3 | −2 | 0 | |
15 | Bélxica | 1 | 0 | 0 | 1 | 2 | 5 | −3 | 0 | |
16 | Estados Unidos | 1 | 0 | 0 | 1 | 1 | 7 | −6 | 0 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.