Moedas da dinastía Constantiniana From Wikipedia, the free encyclopedia
A moeda constantiniana é a que constitúe o conxunto das emisións monetarias producidas polas cecas imperiais romanas desde o momento en que o emperador Constantino I (324-337) acadou o título de único Augusto, en 324, ata a morte de Xuliano (361-363), que supón a fin da dinastía constantiniana.
Durante este período, logo do falecemento do primeiro gobernante cristián, liberáronse guerras fratricidas como a producida en 340 entre Constantino II (337-340) e Constante I (337-350),[1] ou a que tivo lugar entre 351 e 352 entre Constancio II (337-361) e o usurpador Magnencio (350-353).[2]
Ademais das cecas tetrárquicas instituídas por Diocleciano (284-305), engadíronse outras catro á produción de moeda constantiniana:
No entanto, produciuse o pechamento doutras catro:
Títulos imperiais de Constantino I | Número de veces | Datación do acontecemento |
---|---|---|
Tribunicia potestas | 33 anos consecutivos.[15] | De 306 ao 22 de maio de 337.[15] |
Cónsul | 8 veces.[15] | En 307 (I), 312 (II), 313 (III), 315 (IV), 319 (V), 320 (VI), 326 (VII), 329 (VIII). |
Salutatio imperatoria | 32 veces.[15] | A primeira en 306, cando foi proclamado Caesar; logo en 307 (2° e 3°) e en 308 (4°), e renovada anualmente de xullo de 309 a xullo de 336.[15] |
Cognomina ex virtute (títulos vitoriosos) | - Germanicus maximus IV (en 307, 308, ca. 314 e 328-329.[16][17][18][19][20]
- Sarmaticus maximus III [17] (317/319,[21] 323[16] e 334[16]).[18][19][20] - Gothicus maximus II (328 ou 329 e 332).[16][17][18][20] - Dacicus maximus (336). [16][17] - Adiabenicus (antes de 315).[20] - Arabicus maximus (entre 315 e 319).[21] - Armeniacus maximus (entre 315 e 319).[21] - Britannicus maximus (antes de 315).[20][21] | |
Outros títulos | - Caesar (de 306 a 313) e Augustus (de 313 a 337).[15]
- Pater Patriae, Felix, Invictus, Proconsul e Pontifex Maximus (en 307).[15] | |
A fase abranguida entre a reunificación imperial (325) e o pasamento de Constantino o Grande (337) serviulle ao emperador cristián para reorganizar tanto a Administración civil como a relixiosa, ademais de consolidar todo o sistema defensivo ao longo dos cursos do Rin e do Danubio, e de obter importantes éxitos militares, que lle propiciaron o control de boa parte deses territorios que xa pertenceran a Roma anteriormente e que foran abandonados por Galieno (253-268) e Aureliano (270-275): desde Alamannia (os Campos Decumanos) ata Sarmatia (chaira ao sur do Tisza e rexión do Banato) e ata a Gothia (Oltenia e Valaquia). E tamén a partir deses anos, Constantino seguiu a utilizar como as súas residencias imperiais favoritas Serdica, Sirmium e Tesalónica, á parte de Nicomedia.
O 18 de setembro de 335, Constantino elevou o seu sobriño neto Dalmacio ao rango de Caesar e asignoulle a Tracia, Acaia e Macedonia (con probable capital en Naisso, na actual Serbia)[23], coa tarefa principal de defender esas provincias dos godos, que as ameazaban coas súas incursións.[24] Deste xeito, Constantino dividiu o Imperio en catro partes, tres para os seus fillos e unha para o seu sobriño. O nomeamento de Dalmacio, porén, debeu atopar a oposición do exército,[25] que revelou a súa preferencia polo acceso da liña dinástica directa ao trono.
A seguir, algúns exemplos das súas cuñaxes:
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Datación | Outros datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
Follis | CONSTANTINUS AVG, cabeza laureada cara á dereita. | SARMATIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo. | 324/325 | 19 mm
2,97 g |
RIC VII 48. | |
Follis | FL IVL CRISPVS IVN NOB CAES, cabeza laureada á dereita. | ALEMANNIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo. | 324/325 | 20 mm.
3,15 g Ceca de Sirmium |
RIC Crispus, VII 49.
LRBC 803. | |
Follis | CONSTANTINVS IVN NOB CAES, busto laureado e acoirazado cara á dereita. | ALEMANNIA DEVICTA, Vitoria camiñando cara á dereita, con trofeo e palma nas mans, pisando un prisioneiro; SIRM no exergo. | 324/325 | 20 mm
3,40 g Ceca de Sirmium |
RIC Constantinus II, VII, 50. | |
Follis | FL HELENA AVGVSTA, busto drapeado da nai de Constantino I, Flavia Xulia Helena, co diadema imperial, cara á dereita. | SECVRITAS REI PVBLICE, a Securitas da República Romana en pé cara á esquerda, con ramo na man dereita. STR no exergo. | 325-326 | 19 mm
3,45 g Ceca de Augusta Treverorum. (2ª officina) |
RIC VII 465. | |
Follis | FLAV MAX FAVSTA AVG, busto drapeado cara á dereita de Flavia Fausta, a muller de Constantino. | SALVS REIPVBLICAE, Fausta en pé como a Salus, cara á esquerda, cos fillos Constantino II e Constancio II no colo. CONS no exergo. | 326 | 19 mm
3,07 g Ceca de Constantinopla |
RIC Constantinus, VII 12.
LRBC 976. | |
Follis | CONSTAN-TINVS AVG, busco cara á dereita con cabeza laureada. | D N CONSTANTINI MAX AVG, campamento romano con dúas torres; estrela encima; P unha palma T no exergo. | 326/327 | 17 mm
3,44 g Ceca de Ticinum (1ª officina) |
RIC VII 205. | |
Sólido | Cabeza de Constantino I cara á dereita cun diadema de tres ringleiras de perlas; os ollos cara ao ceo. | GLORIA CONSTANTINI AVG, Constantino en pé, con lanza e espada nas mans, e trofeo no ombreiro esquerdo; dous prisioneiros atados aos seus pés; SMTS no exergo. | 327 | 6,83 gm | RIC Constantinus I, VII 163 var. (diadema) | |
Follis | [...] CONSTANTINUS MAX AUG, cabeza de Constantino I con diadema; busto drapeado e acoirazado cara á dereita. | GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con escudo e lanza, en pé e un fronte ao outro con dous estandartes no medio. AQ P no exergo. | 334/335 | 16 mm
2,71 g Ceca de Aquileia (1ª officina) |
RIC Constantinus, VII 124. | |
Sólido | CONSTANTI-NVS MAX AVG, cabeza diademada; busto drapeado e acoirazado cara á dereita. | VICTORIA CO-NSTANTINI AVG, a Vitoria andando cara á dereita, con trofeo e fronde de palma nas mans; crismón e LXXII no campo; SMAN no exergo. | 335/336 | 4,42 g | RIC VII 100 | |
Fracción de follis | FL DELMATIVS NOB C, cabeza laureada; busto drapeado e acoirazado cara á dereita. | GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con lanza e escudo; en pé un fronte ao outro, cun estandarte no medio; SMTSB no exergo. | 336/337 | 17 mm
1,55 gm Ceca de Tesalónica (2° officina). |
RIC Delmatius, VII 228. | |
Fracción de follis | FL DELMATIVS NOB C, cabeza laureada e busto drapeado e acoirazado cara á dereita. | GLORI-A EXER-CITVS, dous soldados, ambos con lanza e escudo; en pé un fronte ao outro, cun estandarte no medio; AQ S no exergo. | 336/337 | 18 mm
1,22 gr |
RIC Delmatius, VII 142. | |
Follis | CONSTANTI-NVS MAX AVG, cabeza laureada de Constantino cara á dereita. | SPES PVBLICA, lábaro no centro, con tres medallóns e, no alto, un cristograma; abaixo unha serpe; CONS no exergo. | 337 | 2,97 g
Ceca de Constantinopla |
RIC VII 19. | |
Sólido | FL HANNIBALIANO REGI, cabeza laureada de Anibaliano cara á dereita. | SE-CVRITAS PVBLICA, o río Éufrates deitado cara á dereita; CONSS no exergo. | 337 | Ceca de Constantinopla | RIC VII 147.
LRBC 1034. |
A situación logo do falecemento de Constantino o 22 de maio de 337, mentres estaba a preparar unha campaña militar contra os sasánidas, presentaba un poder repartido entre os seus fillos e o seu neto, todos co título de César. Deles, Constancio II (337-361), implicado na supervisión das fortificacións fronteirizas no norte de Mesopotamia,[26] regresou axiña a Constantinopla, onde organizou os actos funerarios do seu pai; con este xesto reforzou os seus dereitos como sucesor e obtivo o apoio do exército, compoñente fundamental da política de Constantino.
Durante o verán de 337 o exército masacrou os membros masculinos da dinastía constantiniana e outros membros destacados do Estado, e apenas sobreviviron os tres fillos de Constantino e dous dos seus sobriños pequenos (Galo e Xuliano, fillos do seu medio irmán Xulio Constancio) .[27] As motivacións deste masacre non son claras: segundo Eutropio, Constancio non estaba entre os seus promotores, aínda que o certo é que non amosou oposición nin condenou os asasinatos.[28] No entanto, para Zósimo o organizador foi Constancio.[29] En setembro do mesmo ano, os tres césares restantes (Dalmacio fora vítima da purga purga) reuníronse en Sirmium, en Pannonia, onde o 9 de setembro foron aclamados emperadores polo exército e repartiron entre eles o Imperio: Constancio viu recoñecida a súa soberanía sobre o Oriente.
A división do poder entre os irmáns non durou moito: Constantino II morreu en 340, mentres intentaba derrocar a Constante I; en 350, Constante foi derrocado polo usurpador Magnencio, e pouco despois Constancio II converteuse no único emperador, e reuniu unha vez máis o Imperio en 353). A partir de aí veu un período de 25 anos de guerras nos límites orientais contra os sasánidas, primeiro baixo Constancio II e despois baixo Xuliano (entre 337 e 363).[30]
En 361, Xuliano foi proclamado Augusto, César na Galia. O seu goberno durou só dous anos, aínda que tivo unha grande importancia, tanto polos seus intentos de establecer un sistema relixioso politeísta (por iso se lle chamou o Apóstata) como pola campaña militar emprendida polos sasánidas.
A seguir, algúns exemplos das cuñaxes da dinastía Constantiniana posteriores a Constantino I:
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Datación | Outros datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
Follis | FL MAX THEO DORAE AVG, busto cara á dereita da muller de Constancio Cloro, Flavia Maximiana Teodora. | PIETAS ROMANA, a Piedade en pé de fronte ollando cara á dereita, cun cativo no colo; •TRS• no exergo. | 340 | 15 mm
1,62 g Ceca de Augusta Treverorum (2ª off.) |
RIC VIII 65.
LRBC 113. | |
Sólido | DN CONSTANS PF AVG, cabeza de Constante I cara á dereita. | FEL TEMP REPARATIO ("retorno do período feliz"), Constante I en pé nun barco de guerra, cruzando o canal da Mancha para ir a Britania en 342; SMTS no exergo. | 342 | Ceca de Tesalónica | ||
Centenional | CONTANT-IUS P[31] F[32] AUG, cabeza laureada e diademada, e busto drapeado e acoirazado cara á esquerda, cun orbe na man. | FEL TEMP REPAR-ATIO, un soldado con lanza avanza cara á dereita, ollando á esquerda, e conduce un cativo fóra dunha casoupa baixo unha árbore; AQP • no exergo. | 348/350 | 4,82 g Ceca de Aquileia (1ª officina) |
RIC Contantius II, VIII 102.
LRBC 887. | |
Centenional | D N CONSTAN TIVS P F AVG, cabeza de Constancio II cara á dereita, con busto drapeado e acoirazado. | FEL TEMP REPARATIO, o emperador en pé cara á esquerda sobre unha galera, con Fénix e lábaro, e a Vitoria na popa; TESE no exergo. | 350 | 18 mm
2,91 g Ceca Tesalónica (5ª officina) |
RIC VIII 119.
LRBC 1641. | |
Siliqua | D N CONSTAN TIVS P F AVG, cabeza diademada de Constancio II cara á dereita; busto drapeado e acoirazado. | Grilanda de loureiro, e dentro dela, en catro ringleiras: VOTIS / XXX / MULTIS / XXXX; SIRM no exergo. | 351 | 21 mm
3,14 g Ceca de Sirmium |
RIC VIII 17. | |
Ás | DN CONSTANTIUS NOB C(aesar), cabeza diademada de Constancio Galo cara á dereita; busto drapeado e acoirazado; A á súa esquerda. | HOC SI[G]NO VICTOR ERIS, Constancio en pé de fronte, coa cabeza cara á esquerda, cun lábaro e unha lanza; ao seu lado a Vitoria cunha palma, coroándoo; III no campo; ASIRM no exergo. | 351 | 21 mm
4,94 g Ceca de Sirmium (1ª officina) |
RIC VIII 31. | |
Sólido | D N CONSTANTIVS MAX AVG, cabeza diademada de Constancio II cara á dereita; busto drapeado e acoirazado. | GLORIA REI PUBLICAE, Roma e Constantinopla no trono, a primeira de fronte, a segunda cara á esquerda; entre elas un escudo no que se le: VOT/XXX/MVLT/XXXX en catro liñas; TES no exergo. | 351 | 20 mm
4,36 g Ceca de Tesalónica |
RIC VIII 150. | |
Sólido | D N CONSTANTI-VS NOB CAES, cabeza de Constancio Galo cara dereita; busto drapeado e acoirazado. | GLORIA REI-PVBLICAE, Roma (con lanza) e Constantinopla (cun cetro e cun arco no pé) no trono, a primeira de fronte, a segunda cara á esquerda; entre elas un escudo no que se le: VOT/V/MVLT/X en catro liñas; *TES* no exergo. | 351 | 4,44 g
Ceca de Tesalónica |
RIC VIII 149. | |
Sólido | FL IVL CONSTANTIVS PERP AVG, cabeza cun diadema de perlas e busto acoirazado. | VICTORIA AVGUSTORVM, a Vitoria sedente cara á dereita sobre unha armadura, cun escudo na man coa lenda VOT/XV/MVLT/XX en catro liñas, axudada por un xenio; SMANΔ no exergo. A moeda conmemora os 15 anos de reinado. | 352 | 4,51 g | RIC VIII 25. | |
Centenional | DN CONSTANTIVS P F AVG, cabeza cara á dereita con diadema de perlas; con busto acoirazado. | FEL TEMP REPARATIO, soldado en pé cara á esquerda, apunta a lanza contra un cabaleiro caído (un sármata dos Limigantes). No exergo •ASIRM•. | 359 | 17 mm
2,84 gm Ceca de Sirmium (1ª officina) |
RIC Constantius II, VIII 75.
LRBC 1612. | |
Siliqua | DN IVLIAN-VS P P AVG, cabeza cara á dereita con diadema de perlas; busto acoirazado. | VOT/V/MVLT/X en catro liñas, dentro dunha grilanda; SCON no exergo. | 360/361 | 17 mm
1,81 g Ceca de Arelate (2ª officina) |
RIC Fl.Claudius Iulianus, VIII 295. | |
Sólido | FL IVL CONSTANTIVS PERP AVG, cabeza de fronte con diadema de perlas; busto acoirazado. | GLORIA REPVBLICAE, Roma e Constantinopla sosteñen un escudo no que está escrito VOT XXX MVLT XXXX; no exergo SMANΔ. | 361 | Ceca de Antioquía | RIC VIII, 165. | |
Centenional | FL CL IVLIA-NVS P P AVG, cabeza cara á esquerda con busto de perlas; busto acoirazado. | VOT/X/MVLT/XX en catro liñas, dentro dunha grilanda de loureiro; BSIRM no exergo. | 361/362 | 20 mm
3,04 g Ceca de Sirmium (2ª officina) |
RIC Fl.Claudius Iulianus, VIII 108.
LRBC 1619. | |
Centenional | FL CL IULI-ANUS P F AUG, testa cara á esquerda, diademada, con helmo e coiraza; escudo e espada. | VOT / X / MVLT / XX en catro liñas, dentro dunha grilanda de loureiro; TESA no exergo. | 361-363 | 20 mm
2,96 g Ceca de Tesalónica (1ª officina) |
RIC VIII 228.
LRBC 1697. | |
Sólido | FL CL IVLIA-NVS P P AVG, cabeza cara á esquerda, cun diadema de perlas; busto acoizazado. | VIRTVS EXERCI-TVS ROMANORVM, un soldado en pé avanza cara á dereita e olla cara á esquerda, con trofeo no ombreiro e coa man na cabeza dun prisioneiro; SIRM no exergo. | 361/362 | 4,28 g
Ceca de Sirmium |
RIC Fl.Claudius Iulianus, VIII 95. | |
Sólido | FL CL IVLIA-NVS P P AVG, cabeza á dereita, cun diadema de perlas; busto acoirazado. | VIRTUS EXERCITUS ROMANORUM, un soldado en pé avanza cara á dereita e olla cara á esquerda, con trofeo no ombreiro e coa man na cabeza dun prisioneiro; ANTI no exergo. | 363 | 4,47 g
Ceca de Antioquía |
RIC VIII 201. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.