Miguel de Cervantes
escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá / From Wikipedia, the free encyclopedia
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547[1] e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha[2][3], que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cervantes (homónimos).
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar