Castelán medio
variedade do castelán falado entre os século XV e XVII / From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelán medio é a variante de castelán falado entre finais do século XV e finais do século XVII, marcado por unha serie de cambios fonolóxicos e gramaticais que transformaron o castelán medieval no castelán moderno. Entre os principais cambios poden salientarse o reaxuste das sibilantes, a perda das sibilantes sonoras, a fixación da posición dos pronomes clíticos ou a equiparación das formas compostas dos verbos inergativos e inacusativos.
Castelán medio | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Castelán do Século de Ouro | |
Falado en: | Castela | |
Extinción: | século XVII | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán medio | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Os falantes de castelán que chegaron a América falaban variantes de castelán medio e, polo tanto, tódalas formas do castelán actual son descendentes do castelán medio. O xudeoespañol conserva algúns arcaísmos do castelán medieval que desapareceron do resto das variantes, como a presenza de sibilantes sonoras ou o mantemento dos fonemas /š/ (=AFI ʃ) e /ž/ (=AFI ʒ).