Lingua xudeoespañola
lingua dos sefardíes, variante do español / From Wikipedia, the free encyclopedia
O xudeoespañol[3] (letra hebrea: גודיאו-איספאנייול), coñecido popularmente como ladino[4] (לאדינו) ou sefardí[5] (ג'ודיזמו) foi a lingua falada polas comunidades xudías da Península Ibérica ata 1492. Hoxe en día fálase polo pobo sefardí principalmente en Israel, Grecia e Turquía.[6][7][8] Derivada do castelán medieval, o xudeoespañol tamén ten características de varios idiomas peninsulares. Sendo unha lingua do pobo xudeu, contén influencia do hebreo, e tamén doutras linguas vernáculas como turca, grega ou árabe, dependendo do ambiente.
Este artigo trata sobre o idioma do pobo sefardí. Para a lingua falada en Italia véxase: Lingua ladina.
Datos rápidos Lingua xudeoespañola Djudeo-Espanyolגֿודֿיאו-איספאנייול, Status oficial ...
Lingua xudeoespañola Djudeo-Espanyol גֿודֿיאו-איספאנייול | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Ladino, sefardí | |
Falado en: | Israel, Turquía, Estados Unidos, Francia, Grecia, Brasil, Reino Unido, Marrocos, Bulgaria, Italia, Canadá, México, Arxentina, Uruguai, Serbia, Bosnia e Hercegovina[1], Macedonia do Norte, Tunisia, Bélxica, Suráfrica e España entre outros. | |
Rexións: | Conca do Mediterráneo (nativo) | |
Total de falantes: | 100 000 (2005) en Israel 10 000 en Turquía e 12 000 noutras zonas (2007) | |
Familia: | Indoeuropea Románica Itálico Romance Románica occidental Galoibérica Ibero-románica Ibero-occidental Castelán medieval Lingua xudeoespañola | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Como lingua minoritaria: Bosnia e Hercegovina Francia Israel Turquía | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | lad | |
ISO 639-3: | lad
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |