Sefardí
descendentes dos xudeus que viviron na Península Ibérica até 1492 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os sefardís[1] (hebreo: ספרדים, sfaradim) son os descendentes dos xudeus que viviron nos distintos territorios da Península Ibérica até 1492, e que están ligados á cultura hispánica mediante a lingua xudeoespañola e a tradición. Calcúlase que na actualidade a comunidade sefardí acada os dous millóns de integrantes, sendo a meirande parte deles residentes en Israel, Francia, Estados Unidos e Turquía. Así mesmo, tamén existen comunidades sefardís en Cuba, México e ao longo de Suramérica, principalmente na Arxentina, o Brasil, Venezuela, Chile, Paraguai e o Perú onde chegaron os xudeus sefardís fuxindo das persecucións das autoridades españolas.
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |