Garcilaso de la Vega
poeta español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Garcilaso de la Vega, nado en Toledo contra o 1501 e finado o 14 de outubro de 1536 en Niza, foi un escritor español que desenvolveu a súa obra durante a primeira parte do reinado de Carlos I de España.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1503 Toledo |
Morte | 14 de outubro de 1536 (32/33 anos) Niza, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | poeta , diplomático , escritor , militar , soldado |
Xénero artístico | Poesía e soneto |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | soldado |
Familia | |
Cónxuxe | Elena de Zúñiga |
Fillos | Lorenzo Suárez de Figueroa (pt) |
Pais | Garcilaso de la Vega (pt) e Sancha de Guzmán (en) |
Foi defensor da causa do emperador en todo momento, incluso fronte aos comuneiros casteláns. Casou en 1525, pero ao ano seguinte coñeceu a Isabel Freyre, unha das damas portuguesas da emperatriz, da cal se namorou. Mais ela casou en 1529, o que produciu unha grave crise sentimental en Garcilaso. Isabel morreu de sobreparto en 1533. O seu amor imposible e a dor pola morte da dama deixaron un profundo baleiro nos seus poemas. En 1531 foi desterrado a unha illa do Danubio e despois a Nápoles por asistir ao matrimonio secreto, non autorizado polo emperador, dun dos seus sobriños. A súa estancia en Italia foi decisiva, pois alí relacionouse con importantes humanistas, leu e estudou os autores clásicos e escribiu os seus mellores versos. Faleceu en 1536 en Niza, como resultado dunha acción militar na Provenza.