universidade pública da cidade de Salamanca From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Salamanca (en latín Universitas Studii Salmanticensis) encóntrase emprazada na cidade de Salamanca, na comunidade autónoma de Castela e León. É a universidade máis antiga de España e unha das catro máis antigas de Europa que seguen abertas, tras as de Boloña, Oxford e París (hoxe A Sorbona).
Universidade de Salamanca | |
---|---|
Patio das Escolas da Universidade. | |
Datos xerais | |
Localización | Salamanca, Ávila, Béjar e Zamora |
Datos actuais | |
Reitor | Ricardo Rivero Ortega |
Alumnos | 32.406 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Patio de Escuelas nº 1 37008 - Salamanca, España |
Páxina web | www.usal.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Studium Generale, xerme da universidade, instituído en 1218, era nese momento o segundo máis antigo de España, tras o studium de Palencia (fundado entre 1208 e 1214), e ademais foi a primeira institución educativa europea que obtivo o título de Universidade por unha bula de Alexandre IV no ano 1255.[1]
No curso 2011-2012 o seu número de alumnos era de 32.406.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.