Alexandre IV, papa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Alexandre IV, papa

Alexandre IV, nado coma Rinaldo Conti en Anagni (Italia) cara a 1199 e finado en Viterbo o 25 de maio de 1261, foi o 181º Papa da Igrexa católica dende 1254 ata 1261, referido coma Signum ostiense nas profecías de San Malaquías.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Alexandre IV, papa

Nome orixinal(la) Alexander PP. IV
Biografía
Nacementoséculo XII
Jenne, Italia (pt)
Morte25 de maio de 1261
Viterbo, Italia
181º Papa
19 de decembro de 1254 – 25 de maio de 1261 (Gregoriano)
 Inocencio IVUrbano IV 
Decano do Colexio dos Cardeais
1244 (Gregoriano) – 19 de decembro de 1254 (Gregoriano)
 Jacques de VitryEudes de Châteauroux (pt)  
Cardeal bispo de Ostia
21 de outubro de 1232 – 19 de decembro de 1254
 Gregorio IXHugo de Saint-Cher (pt)  
Diocese: Diocese de Óstia (pt)
Cardeal diácono Santo Eustáquio (pt)
18 de setembro de 1227 – 21 de outubro de 1232
 Aldobrandino Caetani (en) Guy (en)  
Camerlengo da Câmara Apostólica (pt)
1227 (Gregoriano) – 1231 (Gregoriano)
Camarlengo do Colexio Cardenalicio
1227 (Gregoriano) 
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios
Ocupaciónbispo católico (1235 (Gregoriano)–), sacerdote católico
Familia
PaiMattia Conti, Conte di Segni


Descrito pola fonteNordisk familjebok
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
WikiTree: Jenne-344
Pechar

Traxectoria

Foi sobriño por parte de nai do papa Gregorio IX, e tamén familiar do papa Inocencio III. O seu tío Gregorio IX faino cardeal en 1227, despois cardeal-bispo de Ostia en 1231. Á morte de Inocencio IV, elixírono papa en Nápoles o 12 de decembro de 1254.

O seu pontificado é marcado polos esforzos de unificación entre as igrexas ortodoxa e católica, a protección das universidades, os favores concedidos as ordes mendicantes e aos seus intentos de organizar cruzadas contra os Tártaros. Cando as autoridades académicas e relixiosas tentaron excluír a franciscanos e dominicos do ensino universitario, Alexandre IV mediou no conflito propiciando o doutoramento de Boaventura de Bagnoregio e de Tomé de Aquino que terán unha grande influencia na filosofía medieval.

En 1255 aprobou a creación da Universidade de Salamanca por Afonso X, concedeulle selo propio e a licenza ubique docendi.

En 1256 promulgou a bula Liceo Ecclesiae Catholicae, pola que organizou os diversos grupos de ermitáns de inspiración agustiniana, nunha soa e única Orde.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.