actriz británica From Wikipedia, the free encyclopedia
Estelle Merle O'Brien Thompson,[1][2] nada en Bombai (India Británica) o 19 de febreiro de 1911 e finada en Malibu (California) o 23 de novembro de 1979, foi unha actriz británica,[3] coñecida como Merle Oberon.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1911 Bombai, India |
Morte | 23 de novembro de 1979 (68 anos) Malibú, Estados Unidos de América |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido Estados Unidos de América |
Educación | La Martiniere Calcutta (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Reino Unido |
Ocupación | guionista , actriz de cinema , actriz |
Período de actividade | 1928 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Robert Wolders (1975–1979) Lucien Ballard (1945–1949) Alexander Korda (1939–1945) |
Premios | |
|
Oberon naceu na India. Merle recibiu o alcume de "Queenie" en honor da raíña María, que visitou a India co rei Xurxo V en .[4] Criouse como a filla de Arthur Terrence O'Brien Thompson, enxeñeiro británico de Darlington que traballa en Indian Railways[5] e a súa esposa, Charlotte Selby, eurasiática de Ceilán. A súa nai tiña tamén devanceiros maorís.[6] Porén, segundo o seu certificado de nacemento, a nai biolóxica de Merle era a filla de doce anos de Charlotte, Constance. A propia Charlotte dera a luz a Constance con catorce anos, por unha violación de Henry Alfred Selby, capataz angloirlandés dunha plantación de té.[6] Para evitar o escándalo, Charlotte criou a Merle como media irmá de Constance.[3][7]
En 1914, cando Merle tiña tres anos, Arthur Thompson uniuse ao Exército Briánico e posteriormente faleceu de pneumonía durante a batalla do Somme.[8] Merle e Charlotte tiveron unha vida de pobreza en pisos de Bombai druante algúns anos. Entón, en 1917, mudáronse a unha situación mellor en Calcuta.[9] Oberon recibiu unha bolsa para asistir a escola La Martiniere Calcutta para nenas, unha das mellores escolas privadas da cidade.[9] Alí, recibiu burlas constantes pola súa orixe mestiza, o que fixo que acabase por abandonar o colexio e recibir clases na casa.[10]
Oberon viaxou a Inglaterra por primeira vez en 1928, con dezasete anos. Comezou traballando nun club co nome artístico de Queenie O'Brien e apareceu nalgúns filmes menores. A súa carreira recibiu un forte pulo cando o director Alexander Korda se interesou por ela e deulle un pequeno aínda que destacado papel, co nome de Merle Oberon, como Ana Bolena en The Private Life of Henry VIII (1933), en que traballou xunto a Charles Laughton. En 1934 protagonizou The Scarlet Pimpernel xunto a Leslie Howard, que foi o seu amante durante un tempo.[11]
A carreira de Oberon beneficiouse do seu romance e posterior matrimonio co director Alexander Korda. En 1935 protagonizou The Dark Angel, que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz. En 1937 foi escollida para encarnar a Mesalina no filme I, Claudius que ía dirixir o seu marido; porén, a actriz sufriu un accidente de tráfico que, unido a varios contratempos, obrigou a cancelar o proxecto.[12][13] Como secuelas do accidente quedáronlle cicatrices na cara, un defecto que puido rematar coa súa carreira, mais un hábil uso da maquillaxe e das luces axudoulle a encubrilo nos seus filmes posteriores.
En 1939 Oberon foi Cathy no filme Wuthering Heights xunto a Laurence Olivier. Foi unha actriz asidua en papeis históricos: en 1945 interpretou a George Sand en A Song to Remember e en 1954 a emperatriz Xosefina en Desirée ao lado de Marlon Brando.
A actriz divorciouse de Korda en 1945 e casou en tres ocasións máis. Faleceu dun accidente cerebrovascular aos 68 anos.
A nai de Oberon, Charlotte Selby, realmente a súa avoa, faleceu en 1937. En 1949, Oberon encargou retratos de Charlotte a partir dunha fotografía antiga,[14] que Oberon colgou en todas as casas en que viviu ata a súa morte en 1979.[15]
Oberon casou co director Alexander Korda en 1939. Aínda casada, tivo unha breve relación en 1941 con Richard Hillary, piloto da RAF que sufrira graves queimaduras durante a batalla de Inglaterra, que coñeceu mentres el realizaba unha xira de boa vontade nos Estados Unidos. Oberon mantivo unha relación intermitente co actor John Wayne entre 1938 e 1947.
Oberon converteuse en Lady Korda cando o seu marido foi nomeado cabaleiro por Xurxo VI en 1942 polos seus esforzos durante a guerra. Divorciouse del en 1945 para casa co director de fotografía Lucien Ballard. Ballard deseñou unha luz de cámara especial para ela que eliminase as súas cicatrices faciais que lle causaron o accidente de 1937. A luz pasou a ser coñecida como "Obie".[16] Ela e Ballard divorciáronse en 1949.
O seguinte matrimonio de Oberon foi co industrial Bruno Pagliai en 1957, adoptou dous fillos con el e viviron en Cuernavaca (México). En 1973, Oberon coñeceuo actor neerlandés de 36 anos Robert Wolders mentres filmaban Interval. Oberon divorciouse de Pagliai e casou con Wolders en 1975.
Para evitar os prexuízos pola súa orixe mestiza, Oberon creou unha tapadeira, dicindo que nacera e crecera en Tasmania e que os seus rexistros de nacemento foran destruídos nun incendio. A historia real desvelouse finalmente trala súa morte.[17] Sábese que Oberon só estivo dúas veces en Australia.[18] A súa primeira visita foi en 1965, nunha campaña promocional. Aínda que estaba prevista unha visita a Hobart, despois de que os xornalistas a presionaran para que dese detalles da súa vida, púxose enferma e ao pouco tempo volveu a México.[18]
En 1978, o ano anterior á súa morte, aceptou visitar Hobart por unha recepción do Lord Mayoral. O Lord Mayor de Hobart foi informado antes da recepción de que non había probas de que Oberon nacese en Tasmania, mais, para salvar a súa imaxe, seguiu adiante co acto. Porén, pouco despois de chegar á recepción, Oberon, negou que nacese en Tasmania. Entón excusouse, afirmando que estaba enferma e que non podía contestar a máis preguntas sobre o seu pasado. De camiño á recepción contáralle ao seu chofer que de nena estaba nun barco co seu pai, este enfermou cando pasaban por Hobart e desembarcaron para que fose tratado, o que sería o motivo de que pasara algúns anos na illa. Durante a súa estadía en Hobart, pasou todo o tempo no hotel, non deu máis entrevistas e non visitou o teatro bautizado co seu nome.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.