Remove ads
grupo indíxena polinesio de Nova Zelandia From Wikipedia, the free encyclopedia
Os maorís[6] son un grupo indíxena polinesio de Nova Zelandia.[7] A palabra maorí significa normal ou ordinario na lingua maorí, aínda que hoxe moitos maorís prefiran darse o nome de tangata whenua, literalmente, o pobo da terra. Chegaron a Nova Zelandia das illas do leste de Polinesia en ondas sucesivas[8] nalgún momento antes do ano 1300.[9] Durante varios séculos de illamento, os maorís desenvolveron unha cultura única coa súa propia linguaxe, unha rica mitoloxía, artesanías distintivas e artes escénicas. Formaron unha sociedade tribal baseada nos costumes sociais e a organización da Polinesia. Destacaron na horticultura co emprego de plantas que eles mesmos introduciron, e despois de 1450 xurdiu unha prominente cultura guerreira. A chegada dos Europeos a Nova Zelandia no século XVII trouxo grandes cambios na maneira de vivir do pobo maorí.Os maorís adoptaron en moitos comportamentos da sociedade e cultura occidental. Coa sinatura do Tratado de Waitangi en 1840, a cultura maorí e inglesa coexistiron como parte dunha nova colonia británica. As crecentes tensións pola venda das terras rematou nun conflito en torno a 1960. O levantamento social, as décadas de conflito e as epidemias introducidas levaron a unha devastación do poboación maorí, que entrou nunha caída drástica, pero no comezo do século XX, a poboación maorí comezou a recuperarse, facéndose esforzos para aumentar a súa posición na sociedade de Nova Zelandia. A cultura maorí tradicional gozou dun rexurdimento, e apareceu un movemento de protesta polo 1960 pedindo os dereitos dos maorís.
Pobo maorí | |
---|---|
Hone Heke e esposa · Hinepare of Ngāti Kahungunu · Tukukino · Te Rangi Hīroa · Meri Te Tai Mangakahia · Apirana Ngata · Keisha Castle-Hughes · Winston Peters · Stephen Kearney | |
Poboación | |
Poboación total: Ao redor de 750 000 | |
Rexións principais: | |
Nova Zelandia | 598 605 (censo de 2013)[1] |
Australia | 126 000 (estimación de 2006)[2] |
Reino Unido | 8 000[3] |
Estados Unidos | 3 500[4] |
Canadá | 1 305[5] |
Outras rexións | 8 000[3] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Maorí, inglés |
Relixión | Relixión maorí, cristianismo |
Grupos relacionados | Outros pobos da Polinesia, Austranesios |
No 2013 no censo, había aproximadamente 600.000 persoas en Nova Zelandia que se identificaron como maorís, constituíndo aproximadamente un 15% da poboación nacional. Son o segundo grupo étnico máis grande do país, despois dos neozelandeses de orixe europea ("Pakeha"). Ademais, hai sobre 120.000 maorís vivindo en Australia. A lingua maorí (coñecida como Te Reo Maori) fálana preto dun quinto de todos os maorís, o que representa un 3% da poboación total, aínda que moitos neozelandeses regularmente utilizan palabras en maorí e expresións, como "kia ora", mentres falan inglés. Os maorís son activos en todas as facetas da cultura e sociedade de Nova Zelandia, con representación en áreas coma os medios de comunicación, política e deporte.
Unha cantidade significativa de maoris faille fronte a obstáculos económicos e sociais, con menor esperanza de vida e ingresos comparado con outros grupos étnicos de Nova Zelandia, ademais dos maiores niveis de delincuencia, problemas de saúde e educación. As inciativas socioeconómicas aplicáronse a cerrar a fenda existente entre os maoris e outros grupos neozelandeses. A compensación política polos agravios históricos tamén se atopa en proceso.
Na lingua maori, a palabra maori significa "normal" ou "natural". Nas lendas e tradicións orais, a palabra distinguía ó común dos mortais - tāngata māori- das deidades ou espíritos (wairua)[10], do mesmo modo wai māori denota "auga fresca" como oposto da auga salgada. Hai palabras interconectadas na maioría das linguas polinesias[11], todas derivadas do proto-polinesio *ma(a)qoli, que ten como significado "verdadeiro, real, xenuíno".[12][13]
Os primeiros europeos que chegaron a Nova Zelandia referíronse ás persoas que atoparon alí coma "neozelandeses" ou "nativos" pero a palabra Māori usárona os propios maorís para referirse a eles mesmos.
Os maorís usan con frecuencia o termo tangata whenua (literalmente "xente da terra") para describirse a eles mesmos, poñendo de relevo a súa relación con esa área de terra - unha tribo será a tangata whenua desa área, pero non doutra. O termo pode referirse tamén ós maorís coma un conxunto en relación con Nova Zelandia (Aotearoa) como un todo.
O coñecido como Maori Purposes Act de 1947 require o uso do termo "Māori" no lugar de "nativo" para usos oficiais, e o Departamento de Asuntos Indíxenas (Department of Native Affairs) converteuse no Departamento de Asuntos Maorís (Department of Māori Affairs). Agora é Te Puni Kōkiri , ou Ministerio de Desenvolvemento Maorí (Ministry for Māori Development).
Antes de 1974, os antepasados determinaran a definición legal de "a Māori person". Por exemplo, as liñas sanguíneas determinaban se unha persoa debe inscribirse no rexistro electoral xeral ou no dos maorís. En 1947, as autoridades determinaron que un home, cinco oitavos maorí, votara indebidamente no lugar onde votaba o electorado xeral de Raglan. A Lei de Emenda de Asuntos Maorís cambiou a definición de auto-identificación cultural. En materia de diñeiro (por exemplo, as bolsas ou os asentamentos do Tribunal de Waitangi), as autoridades xeralmente requiren algunha demostración de ascendencia ou conexión cultural, pero non un requirimento mínimo de "sangue".
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.