From Wikipedia, the free encyclopedia
O mergo pequeno,[2][3] Mergellus albellus, é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, a única incluída no xénero Mergellus.
Mergo pequeno Mergellus albellus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho (arriba) e femia de mergo pequeno | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Mergellus albellus (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Distribución de M. albellus Área de reprodución Área non reprodutora De paso | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Este xénero está estreitamente relacionado con Mergus e estivo e ás veces está incluído nel, aínda que podería estar máis emparentado cos patos do xénero Bucephala.[4] O mergo pequeno hibrida con Bucephala clangula.[5]
Un pato mariño fósil do Mioceno medio demostra que existían patos similares ao mergo pequeno hai uns 13 millóns de anos. A especie existente data do Plistoceno tardío.
O xénero foi descrito en 1840 polo ornitólogo, botánico e ilustrador inglés Prideaux John Selby.[6][7]
A especie fora descrita en 1758 por Linneo na páxina 129 do volume I da 12ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Anas albellus.[6]
O nome científico Mergellus é un diminutivo de Mergus, derivado do latín mergere, "mergullarse".[8]
O epíteto específico, albellus, é o nominativo masculino singular do adexctivo latino albellus, -a, -um, diminitivo de albus, "branco".[9] (correspondente co galego albelo.[10]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[6]
É unha especie inconfundible co macho con aparencia de "panda" pola súa mancha negra na zona do ollo e aspecto de "xeo roto" polas finas liñas negras sobre fondo branco que parecen gretas no xeo, que mostra as cores branca e negra cando voa.[5]
As femias e ps machos inmaturos son cincentos con frontes e píleos castaños, e poden confundirse a distancia con Oxyura jamaicensis.[5]
Ten áreas ovais brancas na ás que se ven en voo. O bico do mergo pequeno ten un extremo ganchudo e beiras con dentes de serras, que lle axudan a capturar os peixes cando se mergulla para cazar. Mide de 38 a 44 cm de longo.[5]
Reprodúcese na taiga do norte de Europa e Asia. Necesita árbores para reproducirse, establecendo neles o niño. Vive en lagos con moitos peixes e en ríos de augas lentas.
Como é migrante, abandona as áreas reprodutoras e inverna en costas abrigadas ou lagos do interior, nas costas do mar Báltico, mar Negro, norte de Alemaña e os Países Baixos, e un pequeno número deles chegan a Gran Bretaña. As aves errantes poden chegar a Norteamérica ou a outros países europeos (en Galicia é unha ave accidental).[3].
Nos lagos prefire áreas polas ribeiras, a miúdo baixo árbores pequenas. Reprodúcese en maio e pon de 6 a 9 ovos cor crema. Nidifica en ocos de árbores, como os de vellos niños de petos. É unha ave tímida e foxe facilmente cando a molestan.
É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (AEWA). Non se considera especie ameazada na Lista Vermella da IUCN, aínda que a súa poboación está decrecendo.[1]
Un fósil non nomeado de pato mariño, coñecido por un úmero atopado na formación Sajóvölgyi do Mioceno medio (Badeniano tardío, hai de 13 a 12 millóns de anos) de Mátraszõlõs, Hungría, foi asignado a Mergus. Porén, os autores incluían nese xénero ao mergo pequeno, e en consecuencia, o óso podería ser asignado máis propiamente a Mergellus, especialmente porque é máis similar a un úmero de mergo pequeno que aos restos de Bucephala que tamén se encontraron no sitio. Ás veces arguméntase[11] que o fósil de Mátraszõlõs é demasiado vello para representar ningún xénero moderno de pato mariño, pero aparentemente estes estaban xa ben diferenciados daquela.[12]
Tamén se atoparon subfósiles desta especie en Inglaterra.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.