A dos anátidos,[1] Anatidae, é unha familia de aves da orde dos anseriformes.
Anátidos Anatidae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parella de Anas platyrhynchos. Arriba, femia; debaixo, macho | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Descrición
A familia foi descrita en 1820 polo político e zoólogo irlandés, especializado en ornitoloxía, Nicholas Aylward Vigors.[2]
Etimoloxía
O nome científico Anatidae está fomado pola unión dos elementos Anat- e -idae. O primeiro é a raíz do nome do seu xénero tipo, Anas, e o segundo e o sufixo do latín científico empregado para formación dos nomes das familias de animais.[3]
Sinónimos
Ademais de polo seu nome actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Anatinae Leach, 1820
- Cereopseinae Vigors, 1825
Subfamilias
A familia subdivídese nas seguintes sufamilias:[Cómpre referencia]
Os anátidos son aves usualmente migradoras que adoitan vivir nas proximidades da auga; unha das súas adaptacións ao medio acuático é que son palmípedes.
Entre as moi diversas especies desta familia (aproximadamente unhas 150) encóntranse os patos ou parrulos, os gansos, os cisnes, os cisnes arborícolas, os mergos, os eideres, e outras.
Nas eras modernas a súa área de distribución natural abarca practicamente todo o planeta Terra, a excepción (salvo casos ocasionais) da Antártida.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.