From Wikipedia, the free encyclopedia
A manosa é un glícido monosacárido da serie das hexosas (de 6 carbonos) con grupo aldehido (aldosa). É un epímero da glicosa no carbono 2.
Manosa | |
---|---|
D-Manopiranosa | |
Identificadores | |
Número CAS | 31103-86-3 |
PubChem | 18950 |
UNII | PHA4727WTP |
MeSH | Mannose |
ChEMBL | CHEMBL469448 |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H12O6 |
Masa molar | 180,16 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A palabra da que derivan manosa e manitol é maná, o termo que se usa na Biblia para denominar o alimento que, segundo as narracións bíblicas, enviou Deus aos israelitas no deserto.
A manosa ten isómeros D e L, e alfa e beta. Pode estar en forma cíclica ou linear. Entre os isómeros de forma cíclica hai dous que son piranosas, é dicir, forman un anel de 6 membros ou vértices, outros dous isómeros son furanosas (anel de 5 membros).
Isómeros da D-manosa | ||
---|---|---|
Fórmula esquelética | proxección de Haworth | |
α-D-Manofuranosa <1 % |
β-D-Manofuranosa <1 % | |
α-D-Manopiranosa 67 % |
β-D-Manopiranosa 33 % |
Os seres humanos non metabolizan ben a manosa.[1] Por tanto, non participa significativamente no metabolismo dos carbohidratos unha vez que se consome nos alimentos, e, aínda que se detectan usando marcadores radioactivos trazas de manosa de oríxe exóxena en todos os tecidos do corpo, pénsase que o 90% da manosa inxerida é excretada pola urina sen transformar só 30–60 minutos despois de inxerida, e o 99% da que queda é excretada nas seguintes 8 horas. Non hai un incremento significativo nos niveis de glicosa sanguíneo durante ese tempo.
A manosa está presente en numerosos glicoconxugados, como as proteínas N-glicosiladas. A C-manosilación é tamén común e pode atoparse en rexións de tipo coláxeno; a manosa únese ao primeiro triptófano da secuencia Trp-X-X-Trp (X é calquera aminoácido).
As proteínas recombinantes producidas polos lévedos poden ser suxeito de adición de manosa de xeito distinto a como é habitual en mamíferos.[2] Esta diferenza cos mamíferos en proteínas recombinantes usadas na preparación de vacinas pode influír na efectividade das vacinas.
A hexoquinase pode fosforilar diversas hexosas, incluíndo a manosa[3]. A manosa-6-fosfato pode incorporarse á glicólise converténdose en frutosa-6-fosfato por acción do encima fosfomanoisomerase, pero a súa contribución á glicólise non é significativa.
A manosidose é unha enfermidade lisosómica na que os encimas lisosómicos alfa-manosidase ou beta-manosidase, que hidrolizan a manosa, non son funcionais [3].
A manosa pode orixinarse por oxidación do manitol.
Pode formarse tamén a partir da glicosa por medio da transformación de Lobry-de Bruyn-van Ekenstein
A D-manosa véndese domo remedio de naturopatía para infeccións do tracto urinario, aducindo que actúa dificultando a adherencia das bacterias ao tracto urinario.
A manosa difire da glicosa na inversión do C-2, que é un centro quiral. Na manosa o OH está situado por riba do plano do anel na proxección de Haworth e á esquerda na de Fischer. Este cambio aparentemente simple produce unha diferenza drástica nas propiedades químicas das dúas hexosas.
A manosa é un epímero no C-2 da glicosa e mostra unha flexión no seu anel en disolución.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.