Mandarineira
árbore / From Wikipedia, the free encyclopedia
A mandarineira[1][2] ou mandarineiro[3] (Citrus reticulata) é unha árbore pequena de entre 2 e 6 metros de altura, normalmente co tronco torto e sen espiñas. As súas pólas son angulosas, e as follas son oblongo-ovais, elípticas ou lanceoladas, de 3.5–8 cm de lonxitude e 1.5–4 cm de anchura, coa base e o ápice obtusos. O seu froito é a mandarina, que posúe de 4–7 cm de lonxitude e 5–8 cm de diámetro. A súa cor varía de amarela verdosa ao laranxa e vermello alaranxado. A superficie é brillante e está chea de glándulas oleosas afundidas. A casca é delgada, moi fragante, separándose facilmente da polpa.
Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Mandarineira | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Citrus reticulata Blanco | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Pechar
A mandarineira é unha especie nativa da China.
- Mandarineira
- Visión parcial dunha mandarineira
- Cuarteiróns de mandarinas