![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Madarines_white_bg02.jpg/640px-Madarines_white_bg02.jpg&w=640&q=50)
Mandarina
From Wikipedia, the free encyclopedia
A mandarina é un hesperidio, froito da mandarineira[1]. Pénsase que o seu nome se debe debe á súa orixe asiática e á cor dos traxes dos mandaríns da antiga China. A pel de cor amarela viva ou alaranxada é delgada, rugosa e facilmente separábel da polpa. Está dividida en 10 esgallos e o seu sabor é agradábel e doce.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Madarines_white_bg02.jpg/640px-Madarines_white_bg02.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9a/Mandarins_-_whole_and_halved.jpg/640px-Mandarins_-_whole_and_halved.jpg)
Aínda que ten unha menor cantidade de vitamina C que outros cítricos, presenta máis cantidade de carotenoides na súa composición, o cal lle proporciona unha importante actividade antioxidante.
Os seus tipos son:
- Clementinas (Citrus reticulata): máis serodias, de menor tamaño e mellor calidade no gusto. Conteñen pebidas.
- Satsumas (Citrus unshiu): as máis precoces, cuns froitos de maior e peor calidade gustativa. Non teñen pebida.
- Outros: híbridos, ornamentais, mandarineira cleopatra, Citroyer etc.
A mandarina é coñecida polo seu efecto diurético, dixestivo e aumento na eficiencia física. Tamén está indicada nas hipertensións arteriais e na prevención da arterioesclerose.