Os carotenoides son pigmentos orgánicos que se atopan de xeito natural en plantas e outros organismos fotosintéticos como algas, e ademais nalgunhas clases de fungos e bacterias. Coñécese a existencia de máis de 700 compostos pertencentes a este grupo. Poden ser carotenos (só formados por C e H) ou xantofilas (que conteñen ademais O).

Thumb
Beta-caroteno
Thumb
A cor laranxa da cenoria está causada, en parte, polo beta-caroteno.

Características

Son substancias terpénicas clasificadas como tetraterpenoides. Os átomos de carbono nos carotenoides atópanse ordenados formando cadeas poliénicas conxugadas en ocasións terminadas en aneis de carbono. Aos carotenoides que conteñen átomos de osíxeno coñéceselles máis especificamente como xantofilas. Os restantes constitúen o grupo dos chamados carotenos.

A súa cor, que varía desde amarelo pálido, pasando por alaranxado, até vermello escuro, atópase directamente relacionado coa súa estrutura: os enlaces dobres carbono-carbono interaccionan entre si nun proceso chamado conxugación. Mentres o número de enlaces dobres conxugados aumenta, a lonxitude de onda da luz absorbida tamén o fai, dando ao composto unha aparencia máis avermellada. Por exemplo, o fitoeno, que posúe unicamente tres enlaces dobres conxugados, absorbe luz no rango ultravioleta, aparecendo, por tanto, sen cor á vista, o licopeno, composto que confire a súa cor vermella ao tomate contén 11 enlaces dobres conxugados. Existen tamén carotenoides de cor verde (dseta-caroteno), alaranxado (beta-caroteno), e amarelo (neurosporaxantina).

En organismos fotosintéticos os carotenoides desempeñan un papel vital nos centros de reacción, xa sexa participando no proceso de transferencia de enerxía, ou protexendo o centro de reacción contra a autooxidación. Nos organismos non fotosintéticos, os carotenoides foron vinculados aos mecanismos de prevención da oxidación.

Prudúcenos plantas, algas, bacterias e fungos. Os animais son incapaces de sintetizar carotenoides e deben obtelos a través da súa dieta, sendo estes compostos importantes pola súa función biolóxica como pro-vitamina A.

Como exemplo destes compostos na natureza, podemos citar ao carotenoide mellor coñecido, o que dá ao grupo o seu nome, o caroteno, atopado en cenorias é responsable da súa cor alaranxada brillante. A cor rosada do flamengo e o do salmón, e a coloración vermella das lagostas, tamén son producidos por carotenoides.

Entre as aplicacións máis importantes dos carotenoides podemos mencionar o seu uso como pigmentos naturais, así como o seu papel como complemento alimenticio.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.