![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Ingredients_maonesa.jpg/640px-Ingredients_maonesa.jpg&w=640&q=50)
Maionesa
salsa espesa e cremosa usada a miúdo como condimento, feita principalmente de xema de ovo e aceite / From Wikipedia, the free encyclopedia
A maionesa ou salsa maionesa[1] é un mollo feito con xema crúa de ovo, sal e aceite, batidos até que espesan[2]. Ás veces engádenselle unhas pingas de limón. Crese que é orixinaria de Menorca (Illas Baleares - España). Tecnicamente é unha emulsión de aceite que se pode formar porque a xema do ovo contén lecitina que fai de emulsionante. Forma parte da cociña mediterránea (non da galega), aínda que hoxe aparece en todo o mundo.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Ingredients_maonesa.jpg/640px-Ingredients_maonesa.jpg)