![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0e/Chicken_eggs.jpg/640px-Chicken_eggs.jpg&w=640&q=50)
Ovo (alimento)
alimento de orixe animal, procedente das aves domésticas, e particularmente da galiña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os ovos son un alimento de orixe animal, procedente das aves domésticas, e particularmente da galiña. Interésannos sobre todo como alimento, ó ser un ingrediente fundamental en calquera cociña, admitindo numerosas formas de preparación. Poden utilizarse como ingrediente principal ou como complemento en distintos pratos.
- Este artigo trata sobre o alimento, para o concepto biolóxico véxase ovo (bioloxía).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0e/Chicken_eggs.jpg/640px-Chicken_eggs.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9e/Vogeleier.jpg/640px-Vogeleier.jpg)
Son un dos alimentos máis consumidos polo ser humano e a súa produción constitúe un sector gandeiro específico, a avicultura, de considerable importancia económica.
A efectos legais, e de acordo coa regulamentación europea vixente, só pode aplicarse a denominación de ovos ós da especie Gallus gallus, sen romper, incubar nin cocer, e aptos para o consumo humano directo ou trala súa transformación en ovoprodutos. Quere isto dicir que a denominación xenérica de ovos debe aplicarse unicamente ós procedentes da galiña, mentres que para os doutras aves deberá especificarse na denominación a especie de procedencia. A práctica totalidade dos ovos comercializados, tanto en Galicia como no resto de España, son de galiña, mentres que os de paspallás, pata, pava ou ganso apenas chegan ó 0,1%[1].
O segundo venres de outubro celébrase o Día do Ovo, promovido no ano 1996 pola Internacional Egg Commission, co obxectivo de resaltar a importancia deste produto grazas ó seu elevado valor nutritivo.[2]