Cadea montañosa From Wikipedia, the free encyclopedia
O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 127 metros. Outro importante pico é a Cabeza Grande de Manzaneda, cuns 1 781 metros.
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Galicia, España e Castela e León, España | |||
| ||||
Comparte fronteira con | Meseta Central | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 2.127 m | |||
Punto máis alto | Pena Trevinca (2.017 m ) | |||
Material usado | Xisto Gneis granito | |||
Ben de interese cultural | ||||
Serra dos Ancares | ||||
Data | 13 de agosto de 1971 | |||
Identificador | RI-54-0000035-00001 | |||
| ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 349052 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES1130002 | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Era Cenozoica | |||
No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por elfos, fadas, pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas.
Está formado por rochas paleozoicas (granitos) moi metamorfizadas no centro e oeste (gneis, micacitas). Xeomorfoloxicamente constitúe unha prolongación da Meseta cara ao noroeste. O seu relevo, dunha altitude media de 500 m, é moi complexo pola falta de aliñacións montañosas definidas e causa da acción erosiva dos ríos, que ocasiona unha fragmentación das fragas.
O sistema en xeral preséntase alombado, con alternancia de horsts, cubetas e fallas de dirección N-S. As choivas son abundantes e regulares, orixinando un espeso manto vexetal: fragas caducifolias con sotobosque de landas e extensas áreas de prados naturais que favorecen a existencia dun chan mol.
A vexetación é bastante homoxénea sobre todo o macizo e hai unha excelente biodiversidade de plantas nas montañas galegas. Moitas das especies atopadas nas montañas empregáronse na medicina tradicional galega.
A serra dos Ancares, pertencente ao macizo, foi declarada unha Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2006.
Dende o sueste até o noroeste do Macizo Galaico poden distinguirse tres conxuntos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.