Serra do Courel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Serra do Courelmap

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga, na Comarca de Quiroga.

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Serra do Courel
Thumb
Tipocordilleira
montaña
Localización
ContinenteEuropa
División administrativaProvincia de Lugo, España
Thumb
 42°35′00″N 7°10′00″O
Pechar
Thumb
Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós, no concello de Quiroga na serra do Courel.

Topónimo

A etimoloxía é descoñecida aínda que semella ter unha orixe galaica. Algúns relaciónano co latín: quadru, quadra a partir do diminutivo quadrellu, quadrella que dá o portugués courelo: ‘nesga de terra de cultivo’. Mais está documentado o topónimo Courel dende o ano 1000. Por iso considérase que podería ser unha voz prerromana ligada á orografía.[1] O topónimo tamén se localiza nos concellos de Riotorto e O Páramo.

Localización e características

Ten unha extensión de 21.020 ha con fortes variacións de altitude, que van dende os 400–500 m no val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como monte Montouto, monte Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación da zona é escasa e está moi esparexida, de xeito que os núcleos de poboación son moi numerosos e pequenos.Tamén ten importancia a nivel faunístico sendo unha das áreas do país onde se pode atopar o oso pardo[2].

A Serra do Courel xunto coa veciña Serra dos Ancares forma parte da Rede Natura 2000 (Ancares-Courel) e atópase protexida por diversas figuras como LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e ZEC (Zona de Especial Conservación). Amais, no seu interior atópase o Monumento Natural do Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós.

Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país[3].

Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.

"Terra de Caurel, aspra e forte, de inxente beleza... Terra brava de lobos e águias; terra outa de fragas e devesas." Á lus do candil, Ánxel Fole.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.