Remove ads
arboredo en Folgoso do Courel From Wikipedia, the free encyclopedia
A devesa da Rogueira é un arboredo galego de interese ambiental que se localiza no concello de Folgoso do Courel, na serra do Courel. Está recoñecido como sitio natural de interese turístico[1] e atópase dentro do ZEC Ancares-Courel[2].
Ten unha extensión aproximada de 30 km², con notable riqueza de fauna e flora, con algunhas especies endémicas no norte peninsular coma o tritón ibérico ou a ra patilonga. Así mesmo, as fragas son refuxio de corzos, garduñas, gatos monteses ou leiróns.
Na parte baixa conta cunha vexetación mediterránea. De igual maneira, é posible atopar freixos, faias, teixos, acivros, capudres e bidueiros. Tamén forman parte da devesa a Cova do Vello -con augas subterráneas- e as grutas do Oso, consideradas un habitáculo rupestre. En canto á minaría, foi unha fonte importante de chumbo, cobre, ferro e antimonio, se ben no século XXI só mantén a explotación da lousa.
Ten algúns cursos fluviais e pequenas lagoas glaciares como a de Lucenza.
No ano 2020, obtivo a certificación outorgada pola entidade FSC (Forest Stewardsip Council en inglés), pola súa xestión e conservación da biodiversidade.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.