Música africana
From Wikipedia, the free encyclopedia
África é un vasto continente, tendo as súas diferentes rexións e nacións unha gran variedade de tradicións musicais. A música do norte de África (rexións en vermello do mapa) ten na súa maior parte unha historia diferente da rexión subsahariana.[1]
- O Norte de África é o berce da cultura mediterránea, incluíndo a Exipto e Cartago antes de ser gobernada sucesivamente por gregos, romanos e godos e converterse posteriormente no Magreb do mundo árabe. Como os xéneros musicais do Val do Nilo e do Corno de África (rexións de cor azul, verde escuro e vermello no mapa), as súas músicas teñen lazos coa música de Oriente Próximo.
- África do Leste e as illas do océano Índico (rexións en verde claro no mapa) tiveron unha lixeira influencia da música árabe así como pola música da India, música de Indonesia e a música da Polinesia. Con todo, as tradicións musicais indíxenas da rexión están baseadas na cultura de pobos subsaharianos como os falantes de linguas Níxer-Congo.
- África do Sur, Central e África Occidental (rexións marrón, azul escuro e amarelo do mapa) comparten unha tradición musical subsahariana entendida en sentido amplo, aínda que toman tamén influencias de Europa Occidental e Norteamérica. As formas musicais e de baile da diáspora africana, incluíndo a música afroamericana e moitos xéneros caribeños como soca, calipso e zouk, así como xéneros de música latinoamericana como rumba, salsa, baseáronse en maior ou menor medida na música dos escravos africanos, o que ao tempo influenciou a música popular africana.