Lubre, Bergondo
parroquia civil do concello de Bergondo From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Bergondo From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xoán de Lubre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 878 habitantes (441 mulleres e 437 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 749 habitantes.
Lubre | |
---|---|
Igrexa parroquial de San Xoán. | |
Concello | Bergondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°19′21″N 8°15′32″O |
Poboación | 878 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Coa creación dos concellos en 1812 a parroquia de San Xoán de Lubre foi en principio encadrada no concello de Sada, e posteriormente adherida ao de Bergondo.[Cómpre referencia]
Lubre é un topónimo céltico, prerromano, que se refire a un poboado nunha fortificación, nun lugar alto ou nun castro. A súa orixe é anterior ao século III.[2][3][4]
A igrexa parroquial de San Xoán foi construída co fin de acoller peregrinos cara a 1876 por Antón Romero, con Arturo Pailos e Manuel Souto como xefes da mans de obra.
Lugares da parroquia de Lubre no concello de Bergondo (A Coruña) | |
---|---|
Armuño | A Campiña | Campo de Leis | Campo Galán | Casal de Agra | O Corral da Igrexa | Dornas | O Espírito Santo | Guinlle | Obra de Paño | Riomaior | Rúa da Lama | Sanín | A Viña |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.