![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/Chylomicron.svg/langgl-640px-Chylomicron.svg.png&w=640&q=50)
Lipoproteína
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha lipoproteína é un complexo formado por elementos proteicos e lipídicos, que se manteñen unidos por enlaces non covalentes, que se encontra no sangue. Cada unha das lipoproteínas posúe unha masa molecular, estrutura e densidade características. Á porción proteica da lipoproteína denomínase apolipoproteína. A súa misión é transportar os lípidos insolubles polo sangue.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/Chylomicron.svg/640px-Chylomicron.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/Lipoprotein_metabolism.png/640px-Lipoprotein_metabolism.png)
En xaxún hai catro lipoproteínas, denominadas en función da súa densidade:
- Lipoproteína de alta densidade (High density lipoprotein ou HDL)
- Lipoproteína de baixa densidade (Low density lipoprotein ou LDL). Nalgúns casos é denominada LDL 1
- Lipoproteína de densidade intermedia (Intermediate lipoprotein ou IDL). Nalgúns casos é denominada LDL 2
- Lipoproteína de moi baixa densidade (Very low density lipoprotein ou VLDL).
Tras a comida, áchase outra, o quilomicron, que transporta os triglicéridos dende o intestino delgado ata o sangue venoso por medio do conduto torácico.
Ademais destas, moitos encimas, transportadores, proteínas estruturais, antíxenos, adhesinas e toxinas son lipoproteínas.