From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua zazaki, tamén chamada zaza, kirmanjki, kirdki e dimli, é unha lingua indoeuropea falada principalmente no leste de Turquía polos zazas. A lingua forma parte do grupo occidental das linguas iranias, e pertence ó grupo dialéctico zaza–gorani.[2] O zazaki comparte moitos trazos, estruturas e vocabulario co gorani. O zazaki tamén ten algunhas semellanzas co talysh e outras linguas caspias.[3] Segundo o Ethnologue (que cita [Paul 1998]),[3] o número de falantes está entre 1,5 e 2,5 millóns (incluíndo todos os dialectos). Segundo Nevins, o número está entre 2 e 4 millóns.[4]
Zazaki Zaza, Zazaki, Kirmanjki, Kirdki e Dimli | ||
---|---|---|
Falado en: | Turquía | |
Rexións: | Tunceli, Bingol, Erzincan, Sivas, Elazig, Erzurum, Malatya Provincia de Gümüşhane, Provincia de Şanlıurfa e Varto, Porvincia de Adıyaman | |
Total de falantes: | 1,6 millóns (1998) | |
Familia: | Indoiraniano Iraniano Iranio occidental Iranio noroccidental Zaza-gorani Zazaki | |
Escrita: | Latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | zza (B) | --- (T) |
ISO 639-3: | zza
| |
Mapa | ||
Status | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.