parte dunha rama da familia indoeuropea de linguas From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas iranias son parte dunha rama da familia indoeuropea de linguas. Xunto coas linguas indoarias e as linguas nuristanias, forman o grupo de linguas indoiranias, o cal é unha rama do grupo indoeuropeo. O avéstico e o persa antigo son as dúas linguas iranianas máis antigas entre as linguas indoeuropeas rexistradas (incluíndo o grego e ao hitita).
Linguas iranias | ||
---|---|---|
Falado en: | Taxiquistán, Afganistán, Paquistán, Irán, Iraq, Turquía, Rusia, Acerbaixán e a China | |
Rexións: | Asia central, Asia Occidental | |
Total de falantes: | Máis de 150 000 000 | |
Familia: | Indoeuropea Indoiranias Linguas iranias | |
Escrita: | Alfabeto cirílico, latino e escrita perso-arábiga | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Só 5 linguas son oficiais | |
Regulado por: | Academia das Ciencias de Taxiquistán, Academia das Ciencias do Afganistán, Academia da Lingua e Literatura Persa, Instituto das Ciencias de Iristán, Academia Kurda da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Mapa das principais linguas iranias. | ||
Status | ||
Hoxe, estímase que hai de 150 a 200 millóns de falantes nativos das linguas iranias. O SIL no 2005 enumera 87 variedades das linguas iranias. Por número de artigos, as linguas máis faladas son o persa (70 millóns, xuntando as tres formas coñecidas: persa, taxico e dari), o kurdo e o paxto (25 millóns cada un) o baluchi (7 millóns), e as linguas mazandaraní, guilaquí, talixí e o iriano (coñecido como ossetio).
Só cinco linguas das preto das 87 variedades de linguas iranias son oficias: o persa, o dari, o taxico, o pastún e o iriano (coñecido coma ossetio). No Taxiquistán con carácter de "cooficial" (o estado comprométese a garantir a ensinanza e a difusión) está o iagnobiano, sen que o resto das linguas do Pamir gocen deste privilexio. En Iristán do Norte (chamado Ossetia polos rusos) o digoriano goza de privilexios nos medios de comunicación e na ensinanza, pero non conta cun estatuto de oficialidade. No Afganistán, segundo garante a nova Constitución Afgá, as linguas maioritarias de cada rexión ou distrito poderán ter carácter de oficial nesas rexións ou distritos.
As seguintes linguas iranias son faladas polo menos por un millón de persoas:
Linguas iranias importantes polo seu número de falantes:
O grupo de linguas `iranias´ recibe ese nome porque as súas principais linguas, incluíndo o persa, foron ou son faladas na zona da meseta iraniana dende fai tempo. Porén, coma unha clasificación lingüística, o nome 'iranias' non implica ningunha relación co país de Irán, (para referirmos a algo ou alguén pertencente a Irán úsase a palabra 'iraniano/-a/os/-as).
Grupo oriental
Grupo occidental
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.