Lingua digoriana
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O digoriano, дигоронау (digoronau) para os nativos, (falado ao oeste de Iristán do Norte ("Osetia"), no distrito de Дигорæ (Digoria, en ruso Digorá), é unha variante lingüística da lingua oseta, é ás veces considerada lingua autónoma e de seu. A outra variante principal é o iron (chamado polos nativos "irón" ou "ironau") que é ademais a variente máis amplamente falada e a lingua literaria, e que é como se lle coñece á lingua "oseta" moderna.
Digoriano дигоронау, digoronau' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /digoro'naw/ | |
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Cáucaso | |
Total de falantes: | Uns 15.500 | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Irania Oriental Oriental setentrional Escita Escito-sármata Alano Digoriano | |
Escrita: | Alfabeto cirílico iriano | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Cooficial [1]. | |
Regulado por: | Ningún | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | - | |
ISO 639-2: | - | |
ISO 639-3: | -
| |
SIL: | -
| |
Mapa | ||
Status | ||
É por tanto xunto co iriano e o xásico un descendente directo da lingua escita falada polo pobo escita, rama occidental ou escito-sármata.
O digoriano ten tamén tradición literaria de seu pero pouca, aínda que está a crecer máis nestas últimas décadas. Os nenos apréndeno na escola, e os medios de comunicación úsana hoxe en día.[2]
As diferenzas entre ámbalas dúas variantes son moitas, tanto a nivel fonético, coma morfolóxico, sintáctico e semántico. Algúns iranistas rusos considérana lingua de seu:
O adxectivo digoriano fai referencia ao relacionado cos habitantes de Digoria (en digorés Дигорæ e iriano Дигор, en ruso díse Digorá (Дигорa)), distrito de Iristán Norte-Alania (nome autóctono), coñecido como Osetia do Norte-Alania. Os digorianos chaman á súa lingua Дигоронау (digoronau) ou Дигорон æвэаг (digoron ævzag, que quere dicir lingua digoresa) e así mesmo digoron ou дигорæттæ (digorættæ, que quere dicir pobo digoriano. A terminación -on fai relación a pertenza dun pobo e -au á lingua que fala un pobo.
Pode que atopemos escrito digor, pero esta palabra non é a correcta. En inglés aparece tanto coma digorian (correcto, xa que fai mención a que é relativo ao pobo de Digoria) coma digor (incorrecto, é un calco do ruso pero que está moi estendido) e desta última palabra, por culpa dos medios de comunicación, pasa á moitísimas linguas. Facer calcos do inglés ou incluso do francés pódese acabar facendo verdadeiros e curiosos erros fonéticos[3]
Usa o mesmo alfabeto cá súa lingua irmá, o iriano.
Oseto cirílico | IPA | Exemplo en oseto | Transliteración
(Academia das Ciencias) |
Alfabeto latino
(1923-1937) |
Similitude co Galego | |
---|---|---|---|---|---|---|
А а | [a] | арв, кад | A a (arv, kad) | A a (arv, kad) | arte | |
Æ æ | [æ] | æмбал, сæр | Æ æ (æmbal, sær) | Æ æ (æmbal, sær) | inglés bag | |
Б б | [b] | балц, саби | B b (balc, sabi) | B b (balc, sabi) | balón | |
В в | [v] | вæййы, тæвд | V v (væjy, tævd) | V v (væjjy, tævd) | port."viver" | |
Г г | [g] | гал, нæмыг | G g (gal, næmyg) | G g (gal, næmyg) | gol | |
Гъ гъ | [gʔ] | æгъдау, сагъæс | Gh gh (æghdau, saghæs) | H h (æhdau, sahæs) | non existe | |
Д д | [d] | дис, фæд | D d (dis, fæd) | D d (dis, fæd) | dado | |
Дж дж | [dʒ] | фыдджын | Dx dx (fyddxyn) | Dž dž (fyddžyn) | inglés "John" | |
Дз дз | [dz] | дзул, кудз | Dz dz (dzul, kuydz) | Dz dz (dzul, kuydz) | non existe | |
Е е | [e] | бел, денджыз | E e (bel, dendxyz) | E e (bel, dendžyz) | cera | |
Ё ё | [jo:] | слёт, ёлкæ | E e (sljot, jolkæ) | non había | iónico | |
Ж ж | [ʒ] | жакет, жанр | Jx jx (jxaket, jxanr) | --- | non existe, port. gear, inglés pleasure | |
З з | [z] | зын, фæз | Z z (zyn, fæz) | Z z (zyn, fæz) | port. "mesa,casa", inglés "zoo" | |
И и | [i] | Ирон, бирæ | I i (Iron, biræ) | I i (Iron, biræ) | Iria, Iristán | |
Й й | [j] | миййаг, йæхи | J j (mijjag, jæhi,) | J j (mijjag, jæxi) | pai | |
К к | [k] | ком, бæркад | K k (kom, bærkad) | K k (kom, bærkad) | cousa | |
Къ къ | [kʔ] | къах, фæткъуы | Kh kh (khah, fætkhuy) | Kh kh (khax, fætkhuy) | non existe | |
Л л | [l] | лæг, бал | L l (læg, bal) | L l (læg, bal) | val, león | |
М м | [m] | мад, сымах | M m (mad, symah) | M m (mad, symah) | mes, mar | |
Н н | [n] | ном, æнус | N n (nom, ænus) | N n (nom, ænus) | nove, nome | |
О о | [o] | хох, дон | O o (hoh, don) | O o (xox, don) | dono | |
П п | [p] | пыл, æппæлгæ | P p (pyl, æppælgæ) | P p (pyl, æppælgæ) | pai | |
Пъ пъ | [pʔ] | пъа, пъырыпъыф | Ph ph (pha, phyryphyf) | --- | non existe | |
Р р | [r] | рон, сæкæр | R r (ron, sækær) | R r (ron, sækær) | ron, rá, por | |
С с | [s] | сом, бæлас | S s (som, bælas) | S s (som, bælas) | son, soar | |
Т т | [t] | тæвд, стур | T t (tævd, stur) | T t (tævd, stur) | tenda | |
Тъ тъ | [tʔ] | тъæпæн | Th th (thæpæn) | Th th (thæpæn) | non existe | |
У у | [u] | устур, туркаг | U u (ustur, turkag) | U u (ustur, turkag) | puro, kurdo | |
Ф ф | [f] | (фæд, цæф) | F f (fæd, cæf) | F f (fæd, cæf) | favor, café | |
Х х | [h] | худ, бæх | X x (hud, bæh) | H h (xud, bæx) | ghato (con gheada) | |
Хъ хъ | [q] | (хъæу, арахъхъ) | Q q (qæu, araqq) | Q q (qæu, araqq) | non existe | |
Ц ц | [ts] | цонг, балц | C c (cong, balc) | C c (cong, balc) | tsar | |
Цъ цъ | tsʔ | цъаммар, цъиу | Ch ch (chammar, chiu) | Ch ch (chammar, chiu) | non existe | |
Ч ч | [t∫] | чиныг, айчы цъар | Č č (Činyg, Ajčy char) | chaira | Cx cx (cxinyg, ajcxy char) | |
Чъ чъ | [t∫ʔ] | чъиу | Cxh cxh (cxhiu) | --- | non existe | |
Ш ш | [∫] | штат | Sx sx (sxtat) | --- | novo, traxe | |
Щ щ | [ʃtʃ] | Щедрин | Sxcx sxcx (Sxcxedrin) | --- | exchí (щи – sopa de repolo | |
Ъ | «`» | съезд | (s`ezd) | --- | --- | |
Ы ы | ɨ | сыл, фырт, пысылмон | Y y (syl, fyrt, pysylmon) | Y y (syl, fyrt, pysylmon) | --- | |
Ь | «'» | июль, январь | (ijul', janvar') | --- | --- | |
Э э | [e],[ә] | экватор | E e (ekvator) | --- | Edward | |
Ю ю | [ju:] | июль, Ататюрк | Ju ju (ijul', Atatjurk) | Ju ju (ijul, Atatjurk) | Iugoslavia | |
Я я | [ja] | январь, Таня | Ja ja (janvar', Tanja) | Ja ja (janvar, Tanja) | iate, Tania | |
[æ] [e] [i] [a] [o] [u]
oclusiva xorda | glotalizada | sonora | nasal | fricativa | aspirante | lateral | vibrante | ||||||||
labiais | p | pʔ | b | m | v | ||||||||||
dentais | t | tʔ | d | n | s | f | l | r | |||||||
palatais | ʦ | ʦʔ | ʣ | ||||||||||||
velar | k | kʔ | g | ||||||||||||
uvular | q | qʔ | |||||||||||||
semi-vogais | w | j |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.