From Wikipedia, the free encyclopedia
O o'odham (como se lle chama comunmente a dous pobos indíxenas cuxos dialectos son practicamente idénticos: os pápagos e os pimas) é unha lingua uto-azteca falada por indíxenas do estado de Arizona, nos Estados Unidos, e Sonora, en México. Posúe uns doce mil falantes en territorio estadounidense e unhas cantas centenas no territorio mexicano, onde está considerada unha lingua en perigo de extinción. Segundo o Censo do 2000 dos Estados Unidos e outras enquisas lingüísticas, o o'odham é a sexta lingua indíxena con maior número de falantes, despois do navajo, o dakota, o iupik, o cherokee e o apache occidental.
O'odham O'odham | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Pima, pápago | |
Falado en: | Estados Unidos México | |
Rexións: | Arizona, Sonora | |
Total de falantes: | 9 600 nos Estados Unidos (2000); 161 en México (2010)[1] | |
Posición: | Non entre as 100 maiores | |
Familia: | Linguas uto-aztecas Uto-aztecas meridionais Linguas tepimanas O'odham | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | En México ten recoñecemento como lingua nacional.[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | non ten | |
ISO 639-2: | non ten | |
ISO 639-3: | ood
| |
Mapa | ||
Status | ||
O'odham ñiok (escrito tamén O'odham ñeok) é a designación nativa desta lingua, onde ñiok é a palabra que designa lingua ou fala, mentres que o'odham é o autónimo co que se chaman a si mesmos.
Segundo o Ethnologue a clasificación do ohodham é:
Esta lingua, canda todas as linguas indíxenas de México e o español foron recoñecidas como "linguas nacionais" debido á Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas promulgada e publicada no ano 2003.[2]
O pima ten cinco vogais, distinguindo ademais entre vogais longas e breves.[4]
O inventario de consoantes do o'odham inclúe:[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.