lingua da familia na-dené From Wikipedia, the free encyclopedia
O navajo[3] (Diné bizaad), ás veces grafado "navaho", é unha lingua amerindia falada nos Estados Unidos de América por 149.000 indios navajos. Pertence á subfamilia linguas atapascanas meridionais, á familia atapascana e ó filo na-dené.
Navajo Diné bizaad | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Arizona, Novo México, Utah, Colorado | |
Total de falantes: | 170 000 (2015)[1] 7 600 monolingües | |
Familia: | Linguas na-dené Linguas atapascanas Linguas atapascanas meridionais Navajo–Apache Navajo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | nv | |
ISO 639-2: | nav | |
ISO 639-3: | nav
| |
SIL: | NAV
| |
Mapa | ||
Distribución do navajo antes da colonización. Distribución do navajo na Nación Navajo. | ||
Status | ||
Fálase nos estados de Arizona, Novo México, Utah, Colorado, California e Nevada; e unha pequena minoría de 37 persoas nos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Baixa California.
Na segunda guerra mundial, os americanos empregaron os navajos para mandárense mensaxes codificadas. Nestas mensaxes, os navajos empregaban curiosas palabras para referirse ao instrumental bélico, poñéndolle distintos nomes de paxaros a distintos avións, por exemplo.
"Navajo" é un exónimo. Procede da palabra tewa "navahu" (gran campo), que combina as raíces "nava" (campo) e "hu" (val). O castelán tomou o termo para referirse á área noroeste do actual estado de Novo México e, posteriormente, pasou ao inglés, xa como apelativo para o pobo navajo e a súa lingua.[4]
Os navajo refírense a si mesmos como "diné" (o pobo), e á súa lingua como "diné bizaad" (a lingua do pobo).[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.