lingua falada polo pobo kutenai From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua kutenai (/ˈkuːtəneɪ, -i/), tamén coñecida como kootenai, kootenay, ktunaxa e ksanka, é a lingua nativa do pobo kutenai que habita en Montana e Idaho nos Estados Unidos e na Columbia Británica, no Canadá.[4] É considerada unha lingua illada, sen relación coas linguas salish faladas polas tribos veciñas da costa e a chaira do interior. O pobo kutenai tamén fala ʔa·qanⱡiⱡⱡitnam, a lingua de sinais ktunaxa.[5]
Kutenai Ktunaxa, ksanka | ||
---|---|---|
Falado en: | O Canadá e os Estados Unidos | |
Rexións: | Montana, Idaho e a Columbia Británica | |
Total de falantes: | 345 (2010-2016)[1][2] | |
Familia: | Lingua illada Kutenai | |
Escrita: | alfabeto latino (alfabeto kutenai) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | kut | |
ISO 639-3: | kut
| |
Mapa | ||
Status | ||
O kutenai é considerado tradicionalmente unha lingua illada. Houbo intentos de clasificar o kutenai nunha familia de linguas macro-algonquinas ou macro-salish, máis recentemente coa familia salish,[6] mais non foron xeralmente aceptados como probados.[7][8]
Ao igual ca outras linguas da zona, o kutenai ten un rico inventario de consoantes e un pequeno repertorio de vogais, aínda que hai alófonos das tres vogais fonémicas básicas. A falta dunha distinción fonémica entre as consoantes sonoras e as xordas é igual a outras linguas da zona.[6] Dado que o kutenai está na periferia desta área lingüística, a perda dun rico inventario lateral é consistente con outras linguas próximas, que agora só teñen unha ou dúas consoantes laterais. Un destes grupos lingüísticos contén as linguas sahaptianas, que tiveron unha perda similar de laterais. A lingua nez perce ten /ts/, e crese que é a africada lateral na protolingua. O nez perce, como o kutenai, atópase na periferia oriental da área lingüística do noroeste.[6]
Outra análise tipolóxica investiga a categoría léxica dos preverbos en kutenai. Esta categoría léxica distingue as linguas algonquinas veciñas, que se atopan ao leste das Montañas Rochosas Kootenay e preto da área lingüística kutenai.[9] Outra relación tipolóxica que o kutenai podería ter é a presenza dun sistema de obviación.[10][11]
En 1969, a lingua kutenai era falada por 446 indíxenas rexistrados no Canadá.[12] No ano 2021, as estatísticas do Canadá reportaron 210 falantes de ktunaxa.[13] Segundo os achados do programa de coñecemento tradicional e lingua do Consello da Nación Ktunaxa (KNC), o estudoso de ktunaxa Christopher Horsethief afirmou que quedan 24 falantes fluídos e todos teñen máis de 65 anos.[14]
No ano 2012, o pobo ktunaxa do Canadá comezaron a traballar en esforzos de dinamización lingüística.[4] Os consellos tribais das comunidades separadas da nación ktunaxa achegaron unha selección de gravacións de son de palabras e frases kutenai a FirstVoices, un catálogo en liña das linguas indíxenas de América do Norte.[15] En novembro de 2017, a páxina en ktunaxa tiña 2500 palabras e 1114 frases, historias e cancións arquivadas, así como unha aplicación de aprendizaxe da lingua e un titor de FirstVoices. O titor de FirstVoices ofrece leccións e prácticas nesta lingua. A aplicación da lingua ktunaxa, accesible para dispositivos iOS e Android, é un dicionario ktunaxa que utiliza as gravacións de son de palabras e frases, e achega tarxetas con son e vocabulario que se atopa na páxina web de FirstVoices. A nación ktunaxa pretende dirixirse ás xeracións máis novas cos materiais de FirstVoices para ensinar a lingua kutenai con fluidez.[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.