lingua crioula falada en Serra Leoa baseada no léxico do inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
O crioulo de Serra Leoa ou krio é unha lingua crioula baseada no inglés que é falada como lingua franca e lingua de facto en Serra Leoa. O krio é falado polo 96 por cento da poboación do país,[3][5] e une os diferentes grupos étnicos do país, especialmente no comercio e interacción social entre eles.[6] O krio é a lingua principal de comunicación entre os serraleoneses no país e no estranxeiro,[7] e tamén influíu moito no inglés falado no país.[8] A lingua é orixinaria do pobo crioulo de Serra Leoa, ou krios, unha comunidade duns 104.311 habitantes,[3] descendentes de escravos liberados das Indias Occidentais, o Canadá, os Estados Unidos e do Imperio Británico, e é falada como segunda lingua por millóns doutros serraleoneses pertencentes aos pobos indíxenas do país. O inglés é a lingua oficial de Serra Leoa, e o krio, malia o seu uso común en todo o país, non ten carácter oficial.
Krio | ||
---|---|---|
Falado en: | Serra Leoa[1][2] | |
Total de falantes: | 830.000 (2022) 7,5 millóns como segunda lingua (2022)[3] | |
Familia: | Inglés crioulo Atlántico Krio | |
Escrita: | Latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | kri
| |
Mapa | ||
Status | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.