From Wikipedia, the free encyclopedia
O kapampangan ou pampangan (en alfabeto kulitan: ) é unha das principais linguas de Filipinas. É a lingua falada na provincia de Pampanga, nas chairas de Luzón Central, a parte sur da provincia de Tarlac e o nordés de Bataan, moitos dos cales pertencen ó grupo étnico kapampangan. Kapampangan tamén é entendido nalgúns concellos de Bulacan e Nueva Ecija e polos Aitas ou Aeta de Zambales. A lingua tamén é chamada Pampango e de xeito honorífico Amánung Sísuan, que quere dicir "lingua aleitada/nutrida". No 2012, o kapampangan era unha das principais linguas do país que era ensinada e estudada de xeito formal nos colexios e universidades.[2]
Kapampangan | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [kapamˈpaŋan] | |
Outros nomes: | Pampangan, Amánung Kapampangan, Amánung Sísuan | |
Falado en: | Filipinas | |
Rexións: | Luzón Central | |
Total de falantes: | 1,9 millóns (censo de 1990) | |
Familia: | Austronesia Malaio-polinesia Filipina Filipina do norte Luzón central Kapampangan | |
Escrita: | alfabeto latino alfabeto kulitan (histórico) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Lingua rexional de Filipinas | |
Regulado por: | Komisyon sa Wikang Filipino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | pam | |
ISO 639-3: | pam
| |
Mapa | ||
Status | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.