Lingua galó
lingua romance da Bretaña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua galó é unha lingua romance (polo tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance. Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias da Bretaña.
Datos rápidos Galó Galo, Códigos de lingua ...
Galó Galo | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [fʁɑ̃sɛ] | |
Falado en: | Francia | |
Rexións: | Bretaña | |
Total de falantes: | 28 000 | |
Familia: | Indoeuropeo Itálico Románico Italo-Occidental Galoibérico Galorrománico Oïl Galó | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
SIL: | FRA
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
O galó fálase tradicionalmente na parte oriental da Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste do de Maine-et-Loire (Alto Anjou).
Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, polo tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.