![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Lenguas_de_Oil.png/640px-Lenguas_de_Oil.png&w=640&q=50)
Linguas de oïl
From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas de oïl, tamén coñecidas como as linguas francesas, son un continuo dialectal que inclúe o francés estándar e os seus parentes autóctonos máis achegados historicamente, os cales son falados na metade norte de Francia, no sur de Bélxica e nas Illas da Canle. Pertencen á categoría de linguas galorrománicas, as cales tamén inclúen as linguas históricas do centro-leste de Francia e oeste de Suíza, Occitania, o norte de Italia e a Península Ibérica.
Datos rápidos Linguas de oïl Langues d'oïl, Códigos de lingua ...
Linguas de oïl Langues d'oïl | ||
---|---|---|
Falado en: | Francia e Bélxica | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Occidental Galorrománico Linguas de oïl | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
Pechar
Os lingüistas dividen as linguas románicas de Francia, e en especial, da Francia medieval, en dous subgrupos xeográficos, as linguas de oïl do norte, e as linguas de oc do sur de Francia (ámbolos dous grupos son chamadas así pola palabra que empregan para dicir "si").